Posts tagged: relatos

Concurso. XXXV. O tempo

PSEUDÓNIMO: Xoves
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: O tempo

As súas mans entrelazábanse cos longos e louros cabelos dela e, a modo, moi a modo, ían deslizándose polo seu pescozo e os seus ombros, pálidos e suaves; inocentes. Os seus beizos seguían enredados, buscándose e atopándose na penumbra dunha noite estrelada dun verán de soños.

Clandestinamente, os seus medos e temores ían escapando, xunto con algunha que outra estrela fugaz que corría polo firmamento sen descanso, visitando un por un todos os recunchos daquela inmensidade que os observaba dende lonxe.
Lentamente, el estaba cada vez máis preto do seu ventre, despois, das súas pernas; sen apartar as mans un só intre, sen descanso, sen deixar ningún milímetro do seu corpo sen percorrer.

Os seus corazóns latían forte, moi forte e rápido, case a unha vez, tentando escapar dos seus peitos, prendidos con aquel lume que os envolvía. Aquel desexo que os embriagaba era imparable, acrecentándose veloz a cada segundo dun momento interminable.

Os sons da noite, suaves e doces, daban paso a unha vella canción dos anos cincuenta que soaba ó lonxe, quizais dalgún mozo baile que iniciaría un longo e esperado amor, ou quizais dalgún vello soñador que bailaba só ó compás das lembranzas dunha vida pasada de encontros e amores.

As mans movíanse máis veloces a cada centímetro, ansiosas por experimentar todas as emocións daquel corpo espido e inocente, puro e invencible naquel intre de paixón.
Temerosos, uns pequenos ollos dun azul inmenso como nunca, cun brillo especial que só durou un mísero segundo, o miraron, preguntando case en silencio, francos e inxenuos:

–    ¿Quéresme?

Sen resposta, cun simple sorriso e unha caricia sincera, el díxolle que si, só como el sabía facelo: sen falar.
E así, pouco a pouco, o tempo conxelouse para dar paso ós suspiros, ás miradas, ás caricias e ós bicos, namorados e con medo, con medo deses sentimentos prohibidos que tantas veces soñaran con poder mostrar só a esa persoa especial que se ama como ó primeiro amor.

Entre suspiros, estremecementos e latidos duns corazóns nerviosos, o tempo conxelárase só para eles, para uns xogadores principiantes naquilo do amor, que, inexpertos, tentaban amarse sen importar o demais, tratando de pensarse e sentirse a unha vez.

Ela, inocente; el, seguro de amala.

O sorriso, aquel sorriso; o seu sorriso. A mirada, só unha mirada; a súa mirada. Os bicos.. que bicos; só os seus bicos. Lento, moi, moi lento, mentres o seu amor non paraba de crecer ó ritmo dos latidos dos seus corazóns, deixaron de sentilo; o medo, a inocencia, o temor…
O tempo.

Concurso. XXXIV. Recordos olvidados

PSEUDÓNIMO: Fárenac
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Recordos olvidados

~ Recordos olvidados ~
Fai moito tempo que non ergo a cabeza. Día tras día consúmeme a fame, a sede e sobretodo a tristeza porque a miña muller, Laura, está con un home que a arrastra canda el co paso do tempo. Xa non teño forzas para loitar con este inimigo, é moito máis forte e poderoso ca min. Pero aínda así non me resigno a aceptalo.

Cando falo con ela parece non recordar os bos momentos que pasamos xuntos. As viaxes por Europa, as noites deitados nas rocas do río pedíndolle desexos ás estrelas… Toda unha vida xuntos e unha familia que enxendramos. Son moitos anos, anécdotas, recordos. ¿Porqué non se acorda de ningún?

Nas festas, aniversarios e cumpreanos ela xa non está connosco. Vive sumida nun soño onde só hai cabida para o seu novo amor. Da miña cabeza non se vai a idea de que a nosa familia a está perdendo. Non sei que facer. Que está nas miñas mans ou se estou perdendo o tempo intentando recuperala.

Pedín axuda a profesionais e tamén pedín conxellos ós meus amigos e todos din o mesmo. “Non hai volta atrás, deíxaa ir”. Pero non podo. O noso amor era moi grande, non quero que acabe así. Quero recuperala pero o que máis me atormenta é que teñen razón. Non hai volta atrás.

Esta mañá estivemos vendo as fotos da nosa boda, as dos nosos fillos, as de todalas viaxes… Recordos para os que non preciso imaxes pois están grabados na miña mente e tamén no meu corazón.
Pasei con lentitude as follas daquel álbum pero na súa cara non apareceu nin un albisco de emocións.
Linlle tamén os poemas e relatos que ela mesma escribira fai moitos anos. Laura tiña moito talento. Tódolos meses escribíame un poema e deixábamo entre as sabas para que cando despertara as súas palabras fixéranme seguir soñando. Sempre era na mesma data. O día no que as nosas vidas comenzaron a entrelazarse.
Tódalas súas obras tiñan algo en común. Non eran os nomes, nin as cidades, nin os sucesos. Era a esencia dos persoaxes. Éramos ela e máis eu. Martín e Laura. Laura e Martín. Os seus relatos contaban o noso amor. A nosa historia.

Laura seguía coa mente en branco mentres eu recitaba aqueles versos agora tinguidos de amargura. Miraba ó frente sen decir nada. Sen un esbozo de poder sentir algo. Nada. O único que choraba por dentro era eu.

Agora que o final empeza a acercarse teño medo de que Laura teña que irse desta casa e deixarme só. Aínda que non o permitiría, se tivera que irse iría con ela por moito que me doia irme do meu fogar pero sei ben que nunca poderei separarme dela.

Ese maldito home estame arrebatando a miña muller. O seu nome é Alzheimer. E non vai parar ata apresala para sempre.

Dende que soubemos que a enfermidade estaba no seu corpo todo comezou a dar voltas. Aínda que ela nunca perdeu o sorriso. Máis que por animarse ela, para que nós non nos derrubáramos.

Foi difícil distinguir os días bos dos malos porque sempre había algo polo que chorar un pouco máis. E a min xa non me quedan máis bágoas.

Os nosos fillos non entenden porqué fago isto. Intentar que a súa nai volva connosco. Os médicos recoméndanme levala a un centro onde estará mellor pero eles non entenden que non hai lugar onde esté mellor que non sea o seu fogar, aínda que xa o olvidara.

Hai veces que teño esperanzas e penso que os milagres existen pero son só segundos de recordos triviais que esfúmanse cun novo suspiro.

Agora mesmo terei que baixar a cabeza e desexar que todo remate pronto pois eu non poderei soportar esta dor por moito máis tempo. Cando ela se despida do mundo eu fareino con ela e será entonces cando volva comigo.

Laura está sentada nun rincón coa mirada desfeita e co seu sorriso eterno. Vana a levar dentro dus minutos uns médicos ó hospital. Ten na man un anel, a súa alianza. Está dándolle voltas cos seus dediños fráxiles mentres vou cara ela. Parece que non se da conta da miña presenza.
Cóllolle o anel con coidado de non asutala e míroo durante un momento. Ese anel significaba moito.
Sácome a miña alianza do dedo e xunto coa súa, cólgollas da cadea que reposaba no seu peito. A pesar do paso dos anos e a enfermidade Laura conservaba a súa hermosura. Os anxos non lle facían sombra.

Cando lle puxen a cadea no pescozo miroume e falou despacio e coas poucas palabras que recordaba:

“Non sei como te chamas, tampouco quen es. Pero non quero que te vaias. Quérote, dimo o corazón. “

Concurso. XXXIII. Lugar

PSEUDÓNIMO: Laime
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Lugar

LUGAR

Umha mulher olhava cara ao horizonte. Horizonte claro, azul ou rosado ou escuro, preto de tormenta. E, no entanto, meditava. Ela nunca saíra dali, daquele pequeno lugar, e por isso nom sabia por quê o céu mudava de cor. Os novos marchavam, e, se volviam, porque alguns ficavam ali aonde iam, sabiam-no, como sabiam muitas outras cousas. Os novos voltavam contando histórias de cidades douradas, de guerras e tratados de paz, de estrelas e doutros mundos, mundos em que as ilhas aboiavam no ar, em que moravam joaninhas enormes, ou hominhos pequenos, ou falcões com quatro asas, ou mesmo grandes lagartos voadores. A ela tanto lhe tinha se as luitas entre grandes nações começavam ou rematavam, se a ciência prosperava ou nom, se se descobriam outras civilizações. Tanto tinha, aquele lugar não mudava, aqueles rebanhos que pasciam na erva amamentada pola chuva teimosa. Os novos traziam-lhes soluções para a escassez, outros lugares aos que irem viver, urbes prósperas ou luas desconhecidas, lugares de riqueza e fartura. Mas eles estavam afincados naquela terra, a única terra que conheceram Os novos pensavam, nom se pode fazer nada com estes, forom ignorantes sempre e sempre o ham ser, quê saberám do que há aí fora, fora destes valados desdentados e destas eiras esgotadas. Tudo estava envelhecido ali.

A mulher ajoelhou-se a modinho e apanhou umha presada de terra. Observou-a em silêncio. Esses que voltavam, com os miolos tam cheios de sonhos afastados, de desejos doutro mundo, nom lembravam o nome dos pequenos vermes e toupeiras que viviam daquela terra, de cada um deles, como sabia ela. Também nom sabiam como acalmar as bestas. Nom lembravam já as velhas palavras, aquelas que davam nome a cada cova, a cada árvore, a cada classe de chuva ou de vento.

Cada ano morava menos gente naquele lugar antigo. Quase ninguém se ocupava já das bestas, nem de arranjar os telhados, nem de roçar a fraga. Uns porque estavam cansados de trabalhar tantos invernos e precisavam folgar. Outros porque já nom estavam. Chovia. A mulher começou a desandar o carreiro, de volta ao seu lar. O seu filho marchara quando era mui rapaz ainda, prometendo voltar. Isso fora dez anos e muitas cartas antes. A mulher pensou que havia algo de errado naquilo e deixou escorregar umha lágrima pola sua face enrugada.

Concurso. XXXII. Evolución?

PSEUDÓNIMO: Paulatinamente
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Evolución?

EVOLUCIÓN?

Aquí estou. Mellor dito aquí están as consecuencias de intentar non quedar durmida hoxe en clase.
Puxénme a pensar sobre o moito que evolucionou a humanidade no longo da historia, pero nuns minutos as cousas cambiaron…
O certo é que me parece fascinante, xenial, extraordinario, único, incrible o feito de que existan miles de culturas, linguas, modos de vida, estilos, relixións dispersos nun solo mundo. Centos de persoas que agora mismo están facendo o amor, chorando, rindo, nacendo, morrendo, amando, dilatándose as pupilas, gritando nunha montaña rusa, correndo por non perder o autobús… É que a min cada persoa paréceme un pequeño gran mundo, non cres? Coas súas constelacións, os seus terremotos emocionais, as súas sequías, as súas primaveras, as súas atmosferas, os seus meteoritos. Si, un mundo no que non temos a sorte de poder pararnos e apreciar, porque lamentablemente os días se evaporan. A de xente interesante que hai por alí frustrada porque nunca tiveron a oportunidade de ser coñecida como é debido…
Así é como comecei a plantexar o posible retroceso.
Evolución? Desde o comezo da humanidade intentáronse resolver os erros de toda a historia. E evolucionar, evolucionou: revolucións asombrosas, ilustrados loitando polos seus ideales, independencias de colonias, pouco a pouco máis liberdade, xusticias, tolerancia e avances científicos e tecnolóxicos: electricidade, curas, calor, conservación de alimentos, bos accesos a lugares.
Pero…agora? Parece que o único que nos preocupa é ter por fin ese móbil novo tan pequeniño, tan de última xeración, tan perfecto, tan in, tan imosdarlleenvidiaaonosoveciño. Sen decatarnos sufrimos inconscientemente por que salga o novo e por fin conseguilo. Preocupámonos por ter a novedade, o que acapare miradas. E é que somos tan egoistas acaparándoas que non nos damos de conta de que tras miles de anos da historia só soubemos rectificar os erros tecnolóxicos, séguense cometendo os erros de sempre, si, os erros morales, os que de verdade incumben á humanidade, que se supone que terían que estar máis que resoltos e que son os que mía ocorren: guerras, mortos de fame, racismo, desigualdade, os ricos seguen mandando aos pobres, dictaduras, esclavitude. E é que pasan os anos e cremos que avanzamos, pero o triste é que seguen aí…
 Pero claro, alguen famoso, con cartos, que mova xente e teña unha grande influencia nos regala un grande sorriso que en realidade está chea de photoshop, que o único que está facendo é forxar ao vermello vivo no noso propio cerebro CONSÚMEME.
Estamos na era de seguir un modelo prefabricado de vida, deixarnos guiar por uns peces gordos que moven todo este teatrillo que non son máis que unha fábrica de zapatos aplastasoños facéndonos pensar que todo está baixo control, que aparentemente nos ofrecen a mellor liberade do mundo, e… foder, chegamos a un punto no que nos estamos cargando o noso propio planeta, que tampouco culpo a ninguén, porque me tería que culpar a min misma de primeira, pero me parece que non temos a suficiente información para tomar realmente medidas e evitalo.
Pero… eu creo que estábamos destinados a equivocarnos, rectificar, aprender, evolucionar, non retroceder así, ¿non? Encontrar a simplicidade e a ledicia, non buscar a toda costa a complexidade. Estamos nadando nun mar de hipocresía, só espero que sexamos prudentes e non acabar afogados nel.
E non, non me queixo da vida que me tocou. Unha familia xenial, un sistema educativo apto para todo o país, sanidade gratis, bos amigos. Só quero dar algún que otro consello, de persoa a persoa: non os convirtades nun robot teledirixido, mercade as vosas propias gafas graduadas do xeito que querades ver a vida e non deixeis que volas escollan os demais, regalade ledicia, que é do pouco desinteresado que hai fixádevos nas cousas pequenas que son o que verdaderamente merece a pena, caer é opcional pero levantarse é unha obriga, intentade cambiar o mundo a mellor e esas cousas e por último, máis importante e o que menos din: VIVE A VIDA, que para eso estamos.

Concurso. XXXI. The end of the line

PSEUDÓNIMO: Mikau Bodom
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: The end of the line

Suor. Cansado. Cicatrices. Sanguinolento. Morto. Sénteste morto. O que está morto non se pode matar. Eres inmortal. Eres deus.
Mira para ti. Estás cortando madeira. Como si foran barras de pan. Eres deus.
Sigue observando. Elegante. Altivo. Arrogante. Fillo de puta. Demasiado forte. Sintes o machado destrozar madeira. Eres deus.
Continua parado. Traxe caro. Aneis de ouro. Bigote de lápiz. Pel branca. Inmaculado ser en panos de seda. Non coñece a deus.
Saca un pano. De seda. Esbirra. Sónase. Seguen saltando as astillas. Ves a deus. Un deus de xustiza. Alí esta, parado. Paras. Daste a volta. Miras cara el. Aferras con forza o machado. Un deus vengador.
Crávache os ollos. Acércase. Berra algo. Prepara o látego. Máis cerca. Un deus violento.
Bota o brazo cara atrás. Berras. Preparas o machado. Lanzalo. Corta o aire. Fusiónaste con deus.
Ósos escachados. Cráneo partido. Sesos desperdigados. Cadeas rotas. Grilletes oxidados. Cae derodillas. Réndese ante deus.
Respiras. Miras o ceo. Unha explosión. Ardeche o estómago. Non tes estómago. A morte de deus.
Non podes caer. Demasiado tenso. Morres de pe. Adeus.
And the slave becomes the master…

Concurso. XXX. Born of a broken man

PSEUDÓNIMO: Mikau Bodom
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Born of a broken man

BORN OF A BROKEN MAN

Desperteime como cada mañá, e como cada mañá ducheime, vestinme, collín o meu coche e tomei o meu café mentres folleaba o meu periódico e o meu pitillo consumíase nun cinceiro da miña0 cafetería habitual. Un asqueroso dia normal nunha asquerosa vida normal. Outro clavo no meu caixón. Outra folla arrincada do calendario. 24 horas menos de vida. Un paso máis sen retorno cara un futuro gris, baleiro, que só podía asegurarme unha mecedora e unha manta dentro de 40 anos si todo salia ben. Ou iso era o que pensaba mentres me chutaba a miña dose de cafeína e nicotina matinal.

Había un aire extraño na oficina. Algo indescritible, pero que esta aí. Non se ve, non se oe, non se cheira, pero podes sentilo, turbando o que debería ser un remanso de paz e monotonía, mandando o carallo todo ese tedio producido polo golpe das teclas e o ruído das sillas arrastrándose, polas paredes brancas e as pequenas palmeiras nas macetas que xa abandonaran calquera esperanza de volver o seu medio natural, solo coñecido por elas a través de fotos e reportaxes do National Geographic, eso si puideran ler ou sequera tiveran o sentido da vista, e inda así dubido que tiveran ánimos para soñar con eses sitios que o home inda non perverteu ca súa uniformidade e desidia, por iso so lles quedaba como pequena vinganza o desplome das súas follas cara o chan, provocando máis traballo en quen fora a nai solteira de dous fillos que se encargara de limpar. Sentín eso cando entrei e fíxome sorrir por dentro, significaba que a miña humanidade inda non estaba
completamente sepultada polo cemento e os cristais, que podía sentir, conservaba o instinto. Pero esa sensación axiña se difuminou entre fume e papeleo, metido na miña caixa, intentando averiguar porque un pallaso calquera non quere pagar as mensualidades do seu seguro médico.

-Bos dias, chámoo porque fai dous meses que non recibimos o pago do seu seguro – cada vez que soltaba ese montón de bazofia sentíame un pouco máis miserable.-Vamos ter que retirarlle a cobertura.
-Mira imbécil, hoxe xa me chamaron os dos móbiles para cargarme 350 pavos de chamadas que eu non fixen e os da compañía eléctrica queren cortarme o suministro por impago dunha factura de 1200. Así que xa podes ir comerlle a cabeza a tu puta madre.
-Señor, creo que non e necesario faltar o respeto, so quero axudarlle.- estaba empezando a suar, agarrei con forza o telefono e apertei os dentes.
-Que respeto nin que carallo! Estou hasta os collóns dos gilipollas coma vos, explotadores, timadores, fillos de puta! Eu teño unha familia que manter e non parades de espoliarme, explotadores!
-Señor, será mellor que se tranquilice, todos temos problemas, eu só son un empregado e este e o meu traballo.- acendín un cigarro para tranquilizarme, estaba suando.
-Non me sale dos huevos tranquilizarme! Si queren os cartos demándeme!!- o fume do pitillo entrarame nun ollo.
E entón explotei.
-Mira, pallasoo do carallo,ninguénn che mandou casarte e ter fillos,ninguénn cheobrigouu a ter un puto traballo de merda e vivir nun cuchitril, non che puxeron unha pistola no peito para deixar a secundaria e condenarte a unha vida na que a mellor opción que tes e tirarte dun quinto piso para que polo menos o dia do teu enterroalguénn pense durante uns minutos natúaa patética existencia. Así que deixa de tocarme as pelotas, paga o que debes e despois como si che atropella un tren,
súdama.
Cando me din conta, estaba de pe, acababa de berrarlle todo iso a aquel tipo polo teléfono. Oin un salouco e colgou. Toda a oficina se quedara mirando para min, boquiabertos, vendo como me afastaba do vasieiro e quitábame o meu traxe de porco e volvía a ser humano outra vez. Eu co teléfono na man, os ollos moi abertos, suando a cachón e co cigarro na boca, ca mente en branco.
Tras a sorpresa inicial, volvín sentar, coa mesma cara, aínda co teléfono pegado a orella, e sentaron todos, volta a normalidade despois da tormenta. O xefe achegouse a min e con voz seria díxome que quería verme no seu despacho en 5 minutos. Asentín ca cabeza, aínda ca mirada perdida. Non recordo en que estaba pensando neses momentos, quizais en absolutamente nada. E entón dinme conta. Tiña toda a razón do mundo. Non había volta atrás. Dirixinme a oficina do xefe, estaba tranquilo, sereno. Xa sabía o que ía a pasar. Tiña que facelo. Sentía que me ía arrepentir o dia seguinte, pero dábame igual.
-Sente, por favor. Non, mellor non se moleste. Esta despedido.
-A canto ascende o meu finiquito?- preguntei cunha voz grave
-Eh? Pois… a 3000 euros máis ou menos
Acerqueime a el, botei o fume e lanceille un golpe no centro da cara. Sentín como o seu nariz se desfacía debaixo do meu puño. Caeu o chan, sangrando. Unha patada nas costelas acabou de tumbalo. Parecía un pobre bebé indefenso, un millonario no deserto sin unha gota de auga.
-Acabo de aforrarlle 3000 euros, disfruteos.
Encendín outro cigarro, tirei o anterior na moqueta e piseino co pe. Mentres collía as poucas cousas que tiña na mesa, ninguén mirou para min, ninguén me dixo nada. Sentín o desprezo e o asco de esa xente, de aqueles que non se acercan o apestado por medo a contaxiarse, dos que se alonxan dos vagabundos e dos negros sin cartos.
-Que vos den polo cu.
Tirei o pitillo na alfombra da entrada e saín pola porta, calmado, serio.

Concurso. XXIX. Sorriso

PSEUDÓNIMO: Leo
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Sorriso

SORRISO

Cada mañá levantábase coa mirada perdida, buscando o espello; pero non era un espello era un cadro, simplemente. No almorzo sempre tomaba o seu zume de pexego como era de costume, no verán, que tanto lle recordaba a súa infancia. Todos os días tiña como un exame de conciencia, todo é difícil se é cotiá, todo, dende o amor ata as respostas da morte. Pero no amor cría por encima de todo, de alí que todo o recordase coa voz de Leonard Cohen.

Cando saía da casa sempre atopábase coa moza de cabelo castaño e de tez morena,  e sempre sorrindo; el imaxinábaa danzando con algúns acordes de guitarra. Cría ver naquel sorriso algunha enlatada resposta. Non coñecía o seu nome, e nin falta que facía, porque cada sorriso dela era como ler dous mil ou tres libros dela. 

Todas as mañas ía ao parque e sentábase no banco que tiña gravado o nome de Scarlett, e alí miraba os elegantes cisnes e xogaba coa mirada, mirando as esquíos buscando algunha peza, estes esquíos sempre querendo encaixar todo… Alí no fondo observaba a ponte que tanto admiraba, sen saber o porqué.

Todo o día rondaba coas preguntas ao redor da súa cabeza, nada tiña sentido e nada tiña respostas, soamente recordaba aquel sorriso. Pensaba que si mañá morría, non pasaba nada, por que cría que o seu espírito continuaría, a loucura era o seu forte cando miraba a televisión sen dúbida algunha. As respostas nunca as saberemos, pero podemos intentalo, dicía cada vez que miraba o río dende a ponte.

 Na hora da comida acostumaba ter a súa libreta ao lado por si se lle ocorría algunha idea. Hoxe tiña para comer canelóns que tanto lle gustaban, e de postre tiña unhas fresas con nata exquisitas. Despois sempre acostumaba a durmir a sesta e visitar os sonos dos que tanto se alimentaba. Podería parecer que estaba tolo, pero só era un soñador.

 Cando espertou non se acordou do seu sono. Escoitou musica mentres lía algún libro de Wilde. Sentíase como se na súa habitación se quitasen a súa liberdade, a súa nai preparáballe unha torta de mazá para que merendase. Mentres  comía unha porción, non sentía ningún afecto por cada raio de sol que se colaba fugazmente polas venecianas do salón. El sabía que, se quería atrapar eses raios, podía facerlo; se o miraba el cría que podía facelo. Por que non se poden acariciar as estrelas, senón el facíao.

 Saíu a dar unha volta para meditar, se é que tiña algo sobre que meditar… Foi a estación de metro onde soía ir normalmente para pillalo, pero hoxe so estaba para recordar algún momento que pasou pero que non volverá a pasar. E de súpeto, un aroma familiar regaloulle o vento. Saíu correndo da estación para chegar a orixe dese cheiro, pero a súa busca foi inútil.
E chegou a noite, volveu a casa e encontrouse case ao chegar con ela, coa dona do sorriso que o tiña encarcerado. Non sabia que dicirlle, simplemente contestou o sorriso cunha mirada inocente, e ela despediuse del cun bico. Mentres ela se alexaba el quedouse inmóbil idolatrando o doce sorriso da moza.

Entrou en casa sen dirixir palabra ningunha, foise para cama e deitouse co sorriso absoluto que daba de si os seus beizos.
E por fin espertou, todo era un sono.

 

Concurso. XXVIII. Iris e o seu sono!

PSEUDÓNIMO: Kika
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Iris e o o seu sono!

IRIS E O SEU SONO!
Ola… Vouvos contar a miña historia… Eu son unha nena coma outra calquera. Chámome
Iris, aínda que os meus amigos chámanme máquina porque sei moverme ao ritmo da música
coma ninguén.
A miña historia trátase de como eu cumprín o meu soño, que era bailar.
Eu só tiña 6 anos, o baile xa era o meu soño. Bailaba con calquera música que fose. A partir
dos 9 ou 10 anos foi cando empecei a ir a clases de Funky e Hip-Hop, que eran os dous tipos
de baile que máis me gustaban .
Eu era unha boa estudante e grazas a iso podía seguir indo a clase, pero cando tiven 12 anos
os estudos complicáronseme e non puiden ir a clases de baile nin o primeiro trimestre nin o
segundo. Eu sempre estaba soñando con ir a estudar danzas de todo a tipo a Broadway,
California, Nova Iorque. Tamén soñaba con estar no progama Fama a Bailar…
Cando tiña 18 anos escolléronme no progama de Fama a Bailar grazas aos meus amigos que
me axudaron. Rematou o progama. Fun a gañadora e así cumprín o primeiro soño . Cando o
programa rematou decidín cumprir o soño que me quedaba por cumprir pero antes diso
estiven en Londres un tempo con clases para profesionais.
Despois dun tempo co diñeiro do premio decidín ir a Nova Iorke e donar un pouco de diñeiro
aos que non teñen nada .Alí decidín gañar diñeiro dando clases de todo tipo de baile e case
todas as actuacións que faciamos eran benéficas. O grupo chamábase Máquinas a todo
gas .Cando eu xa tiña 20 anos seguía dando clases pero tamén fun de xira cun musical.
Grabei unnha película. Fun famosa e sobre todo cumprín o meu soño. Así ocorreu a miña
historia!

Concurso. XXV. A historia dos tres esquíos

PSEUDÓNIMO: Claro de luz
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: A historia dos tres esquíos

A HISTORIA DOS TRES ESQUÍOS

Era unha noite de moito frío, alá polas catro da madrugada. Tres esquíos atopábanse no seu fogar. De súpeto, senten que alguén peta á porta da súa casa, érguense e van mirar quen era a esas horas. Era un pequeno esquío que estaba desorientado, perdera ós seus pais e tíñalle moito medo á escuridade e ós animais da noite . Entón, os tres esquíos deixáronlle pasar alí a noite , e pola mañá decidirían que facer con el.
Os tres esquíos lavábanse moi ben con todos os animais do monte, así que xa que as súas búsquedas non deran froito, pois decidiron pedirlles axuda ó resto dos animais para dar cos pais e os irmáns do pequeno esquío que, por certo, non sabían como se
chamaba. Os esquíos preguntaronlle ó pequeño como se chamaba e el timidamente respostoulle que se chamaba Clare.
Logo da xuntanza que tiveran todos os animais decidiron axudarlles, xa que os tres esquíos eran moi bos con todos os animais e sempre que alguén tíña un problema eles axudábanlle: se alguén choraba, consolábano; se tiñan fame, dábanlle de comer…
Os animais comezaron a xuntar follas das árbores e fóronas agrupando para poder facer algúns carteis para que, se os pais de Clare pasaban por alí, parasen a preguntar onde estaba o seu fillo.
Puxeron carteis na casa dos esquíos , na casa do paxaro carpinteiro, na do oso pardo e nalgunhas outras dado que o monte era moi denso. Os días ían pasando e Clare deprimíase máis, os esquíos decíanlle que non se preocupase que ían encontrar ós seus pais costase o que costase.
Os esquíos ó ver que non houbera sorte por aquela zona, fixeron máis carteis e colgáronos en tódalas árbores sen que quedase algunha baleira.
Pasaron os días e as semanas e os esquíos íanlle collendo máis cariño a Clare, queríano coma se fose un irmán. Un tempo máis tarde apareceron dous esquíos moi preocupados. O oso pardo, que casualmente estaba por alí, preguntoulles que lles pasaba. Eles contaronlle que perderan o seu fillo unha noite moi fría e non sabían
se estaba vivo ou morto. Logo, o oso pardo díxolle que eles tiñan un esquío que xa levaba varias semanas desaparecido. O oso pardo levou os pais á casa dos tres esquíos e alí atóparonse a Clare que xa non contaba con ver aos seus pais. Alí, fundíronse nun mar de bágoas e nunha emotiva aperta. Esa mesma noite, os tres esquíos que coidaran todo ese tempo a Clare, organizaron un gran festival , recolleran moita comida para o festín.
Os esquíos e o resto dos animais fixéronlle varios agasallos para
os invitados e todos se converteron en amigos inseparables.

Concurso. XXIV. Bolboretas

PSEUDÓNIMO: Férenac
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Bolboretas

Lucía é unha moza de 16 anos. Ten o pelo castaño e rizado. É delgada e moi bonita. De pequena dicíanlle que cos seus olliños verdes parecía unha ninfa saída dos bosques. Co seu sorriso namoraba ós paxaros e, coa súa voz, acariñaba a tódalas flores que a escoitaban. Era unha nena alegre.

Os seus pais eran propietarios de dúas empresas, tiñan tres casas repartidas pola costa, a montaña e a cidade; numerosos coches e xardíns que convidaban a visitalos. Vivía entre luxos. Nunca lle faltou un xogo ou unha boneca. Sen embargo non era iso o que Lucía pedía.

Cando ela era nena os seus pais vivían para o seu coidado e para educala nun ambiente afable, pero co paso dos anos a relación entre eles mudou moito. As palabras que se dedicaban eran groseiras e cos seus actos feríanse mutuamente. Ó cabo dun ano a súa nai foise da casa e entrou en mundos perigosos.

Fai dez meses, Lucía tivo noticias de que a súa nai morrera de sobredose. Era adicta ás pastillas. Un mes máis tarde morreu o seu pai. A derradeira imaxe que Lucía ten del é un cráneo desfeito pola caída dende un decimoquinto piso.

A partir dese día, Lucía trasladouse á casa da súa avoa –a única que lle queda-, que está preto dunha aldea rodeada de árbores, e que nin sequera aparece nos mapas.
A súa vida, como é lóxico, non volveu ser a mesma.

Este é só o principio, para le todo o relato na seguinte ligazón.

Bolboretas

WordPress Themes