Posts tagged: poesía

Así foron os Micros abertos

Vigo, xoves 16 de abril de 2015. Non é un xoves calquera, xentes do máis diverso camiñan cun destino concreto: o Café De catro a catro para citarse nos Micros abertos de Trabalingua. Algúns coñecíanse de antes, outros iranse coñecer alí. Poderían estar nas súas casas tirados nos sofás vendo algunha serie, falando por Whatsapp, ou tomando unhas cañas. Pero todos eles dicidiron compartir dúas horas da súa existencia con amigos e descoñecidos onde un partido nun bar quedou substituído pola poesía, polo teatro e pola música.

Nos Micros abertos citáronse xente do máis diversos, a maioría estudantes universitarios, pero tamén traballadores, profesores universitarios e xubilados. Alí aprendimos as consecuencias do alcol ao volante, perdímonos por dentro dun marabillosos pazo, coñecimos a grandes poetas andaluces, desfrutamos de contos infantís que tamén teñen moito que dicirnos aos adultos, afondamos no que significa o exilio ou o amor, correspondido ou non. A poesía erótica tamén estivo presente, así como o teatro ou a música. Rosalía volveu a nós a través da voz de Elisa, que recitou de memoria “Adeus ríos, adeus fontes” e “Airiños, airiños, aires” facendo que todos os presentes nos emocionaramos. Que ben recitou aquela muller! Houbo tamén un oco para os consellos dos avós, os contos de lobos, a denuncia da violencia de xénero e da fame, os microrrelatos. Tamén se recitaron clásicos internacionais, ou clásicos galegos coma Celso Emilio, Claudio Rodríguez Fer ou Cabanillas… E tantas cousas máis que non collen neste texto.

Grazas a todos os que viñestes. Agardamos que pasarades un bo serán, nós abofé que si. Ata a próxima!

IMG_20150416_201545

IIConcurso Literario -3- Sensibilidade

PSEUDÓNIMO: Natural
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO:
Sensibilidade

Un despiste;

un descoido á razón.

O descaro.

.

Un ceo triste;

un preludio ó corazón.

O disparo.

.

É sensibilidade un estado puro de ánimo

perpetuo e inadaptado como ánima eterna

no desengano.

IIConcurso Literario -2- Inspiración

PSEUDÓNIMO: Natural
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO:
INSPIRACIÓN


Sentimento de tempero

enarborado nas fatigas,

cos froitos das vendimas

máis o esforzo do centeo.

Somnámbula ilusión

nesa, a noite realista

estreita, algo encollida,

como estrelas sen razón.

Con apoplexía na catarse

conséguese perdoar ó ceo,

as veces, se fai suar o xeo,

o que non parece decatarse.

E agora, desprovisto de fadas

enfádase a ágora pecaminosa

cando ensina linguas ruinosas.

Pero ó lonxe, un verso fala.

IIConcurso Literario -1- Xeografía contextual

PSEUDÓNIMO: Natural
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO:
XEOGRAFÍA CONTEXTUAL


O clima é perfecto para suar algún ferro crítico

co esforzo mental das máquinas de non escribir:

engraxan elas oracións simples con ácido cítrico;

témperas e temperaturas precipítanse no porvir.

A vexetación ofrece matices brancos no recendo

dos óleos imaxinarios cando arrefría decembre:

por iso estás ti aquí, para quecelo sen esquecelo

e podar os motivos verdes no credo que recende.

A fauna vólvese fera por esa oportunidade voraz

de acadar éxito na vaidade de cada frase mal feita:

pouca variedade para tanto premio deserto e veraz

sen poder adestrar a opinión do cazador que a leva.

Concurso. XXVII. A miña conciencia

PSEUDÓNIMO: Xhela
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: A miña conciencia


A MIÑA CONCIENCIA

¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Rematáronse soños,
ilusións e esperanzas.
Esvaecéronse co tempo e as agardas
do que un día soñei que soñaba.
¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Termináronse lóxicas,
razoamentos e reflexións.
Esfumáronse en erros e equivocacións
do que un día soñei que soñaba.
¡Cala!
Xa non quero nada.
Eu xa non son ninguén,
ti xa non es nada.

Concurso. XXVI. Non me pidas

PSEUDÓNIMO: Negra perpetua
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Non me pidas

NON ME PIDAS
Non me pidas que te ame,
Xa o fixen sin que mo pediras.
Non me pidas que te odie,
Odiaría que o intentaras.
Non me pidas ser amigos,
Xa o fumos, olvidáchelo?
Non me pidas que volvamos,
Xa o fixemos e soltáchesme.
Non me pidas meus soños,
Xa non vives neles.
Non me pidas meu rancor,
Sabes que non o teño.
Non me pidas tristeza,
Ti fuches motivo de alegría.
Non me pidas o ceo,
Rompímolo, non é certo?
Non me pidas amor,
Dincho todo e xa non me queda.

Concurso. XX. Adeus

PSEUDÓNIMO: Kyra Suárez
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Adeus

Adeus
O noso é un amor imposible
por moito que eu o intente
por moito que eu o queira
por moito que eu te busque
por moito que eu che añore
O noso é un amor imposible.

Só existiches na miña mente
Tan só na miña imaxinación
Así que o noso é un amor imposible
maila que a min me doia admitilo.

Así que non insistirei
Despídome
como fai tempo que debín facer
Adeus… papá.

Concurso. XVI. Amor Fracasado

PSEUDÓNIMO: Lúa chea
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Amor Fracasado

AMOR FRACASADO

Acórdome de ti
porque eu sen ti non podo vivir
e por iso me acordo de ti.

Téñote no pensamento todos os días,
o recordo de como nos mirabamos,
como nos bicabamos
e sobre todo como nos agarimabamos.

Acórdome do teu rostro,
do teu curto e roxo pelo;
dos teus avermellados beizos
do teu peculiar sorriso…

Pero un día fóchete e non volviche.
Xa non me bicarás,
xa non me abrazarás
pero eu ameite e seguireite amando.
Eu sen ti non podo vivir.

Concurso. XV.Tributo á lingua que me prace

PSEUDÓNIMO: Frances F
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Tributo á lingua que me prace


Tributo á lingua que me prace

Tributo á lingua que me prace
lingua que non cesa
en oídos e peitos
lambe

lingua con lingua
e ventre con ventre
moi preto

lingua en corazón, corazóns en palabras
palabras en sexos,
penetrando
penetración en susurro

palabras ben relambidas
felacións
a túa lingua
a miña
A nosa.

Concurso. XIV. A miña coita por amor

PSEUDÓNIMO: O Cabaleiro De Cristal
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: A miña coita por amor

A miña coita por amor

Coitada vivo polo teu amor
E polas frías noites morro de dor
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

Aflixida vivo para chorar
Polas noites frías sen descansar
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

E polas frías noites que morro de dor
Pídoche, amigo, que cures o meu corazón
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

E polas noites frías sen descansar
Rógoche, amado, que sanes o meu pesar
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

WordPress Themes