Posts tagged: Letras Galegas

Celebración do Día das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle ao poeta de Guitiriz Xose María Díaz Castro. Dende a asociación Trabalingua queremos homenaxealo coa seguinte actividade.

Consistirá na proxección do documental O instante eterno, de X. Antón Cascudo, que se estreará en Vigo. O documental servirános para achegarnos á figura de Díaz Castro antes de comezar co recital aberto a toda a cidadanía.

Para esta actividade contamos coa colaboración das asociacións Xermolos e A nave das ideas.

Ánimate e vén a recitar connosco.

Lugar: Café De Catro a Catro (rúa Gerona, 16. Vigo).
Data: mércores 19 de marzó ás 20.00 horas.

Díaz Castro, Trabalingua, Xermolos, A nave das ideas

Celebración das Letras Galegas

cartaz

GRAN CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No día de onte, último día de campaña electoral na universidade, houbo un acto que nada tiña que ver coas eleccións a reitor e a claustro: a celebración das Letras Galegas por parte da asociación Trabalingua.

As cinco e media da tarde corenta persoas xuntáronse nunha sala do Edificio Miralles para homenaxear a Uxío Novoneyra. O acto comezou coa entrega dos diplomas ás gañadoras do I Concurso Literario da asociación e coa lectura dos traballos gañadores, Alexandra Padín Gonzalez que obtivo o primeiro premio, así como 3 accesits para Alba Pereira, Rebeca Álvarez e Rita Vidal. Tras elas  os membros do xurado composto por ilustres profesores da FFT Anxo Angueira, Patricia Bujan e Antón Palacios recitaron cadanseu poema de Novoneyra. Foron tamén moitos os membros da asociación que recitaron algún poema en homenaxe ao poeta do Courel.

Mais a festa non rematou aí, despois a xente xuntouse no local Leonardo da Vinci para asistir ao concerto de Leo i Arremecághona que lle puxo broche de ouro a tan bo día.

Velaquí podedes ver as fotos do envento :

http://www.flickr.com/photos/trabalingua/sets/72157623968932593/show/

WordPress Themes