Posts tagged: III Quintal Literario

III Quintal literario- I – A XORDEIRA DAS PAREDES

Os aneis rozaron a miña pel coma meteoritos estalando na terra. Unha soa man crebou a armadura e desfixo o aceiro coma quen fai migas cunha bola de pan. A nena que todos tiñan por perdida en realidade morreu alí, nese instante. Con mil veciños por testemuñas pero ningún da súa parte.

Porque as paredes non sempre queren oír.

Adaverde

WordPress Themes