Posts tagged: .gal

Resumo da Conferencia en Teleco

Onte tivo lugar a conferencia que vimos organizamos dende Trabalingua. Dito acto aconteceu no Salon de Actos da Escola de Telecomunicación, e foi aberta por Anxo Tato, membro de trabalingua sinalando que o galego é válido en todos os campos, mesmo nas telecomunicacions. Na conferencia contamos con Manuel Fernandez Veiga,profesor no departamento de Telematica, que presentaba Galicia como a sede ideal para albergar a Axencia Estatal de Radiocomunicación (AER) pola súa concentración de persoal cualificado e polas caracteristas da xeografía galega entre outras. Posteriormente foi seguido por Camilo Regueiro, vicepresidente de PuntoGal, que nos informou sobre a asociación .Gal, a ICANN organo regulador dos distintos dominios, e as espectativas para conseguir o dominio galego na internet.

Sobre a conferencia noutros medios :

http://duvi.uvigo.es/images/quiosco/at240210.jpg

DUVI : http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=3259&Itemid=61

Conferencia en Teleco

O MARTES 23 DE FEBREIRO ÁS 12 HORAS terá lugar no salón de actos da E.T.S de Enxeñeiros de Telecomunicación unha conferencia na que se falara sobre:

–A Axencia Estatal de Radiocomunicación.
–A Asociación PuntoGal e a ICANN.

Máis información sobre o tema en:

-Blogue de Trabalingua

-Diario da Universidade de Vigo, DUVI

-Sendúbida

WordPress Themes