Posts tagged: ESN

Outra foliada máis!

De novo Trabalingua e ESN volver a organizar outra foliada. Será este venres 19 de febreiro no Café de Mario. E antes haberá obradoiro de baile. Vémonos!

Foliada ESN Trabalingua

Foliada coa ESN no Café de Mario

Mañá, venres 4 de decembro, organizamos xunto coa ESN de Vigo unha foliada a partir das 21.30 cos grupos As Pandereteiras de Gargamala, As Rexoubeiras e A charanga da Benita. Antes, ás 20.00 haberá un obradoiro de baile galego para principiantes. E por suposto que estás convidado a vir bailar ou tocar. Vémonos!

Foliada pantalla 4decembro2015

Imos de foliada!

O próximo venres 27, froito da colaboración entre a ESN e Trabalingua, realizarase unha foliada para universitarios (e non universitarios tamén). Será no Café de Mario. E que é unha foliada? Pois unha festa con música tradicional galega en directo, onde ademais os participantes poden traer os seus instrumentos e tocar. Todo iso de xeito espontáneo.

Ademais, haberá un obradoiro de baile, gratuíto para os universitarios, onde poderás aprender os “puntos” (pasos) básicos de bailes tradicionais galegos como xota e muiñeira.

Na foliada participarán os seguintes grupos:

  • As pandereteiras de Gargamala
  • As Rexoubeiras
  • A charanga da Benita.

Nota. Para o obradoiro de baile tradicional hai que anotarse enviando un e-mail a asociaciontrabalingua@gmail.com . As persoas que non sexan estudantes universitarios teñen que aboar 3€.

Foliada Trabalingua ESN

WordPress Themes