Posts tagged: dúbidas

Cada semana un recurso: como aproveitar ó máximo Google Libros

Bo día! Se na entrada anterior vos presentabámo-las posibilidades que ofrece Google Libros, hoxe ensinámosvos como tirarlle o máximo proveito. Comezamos!

Xa vos demos unhas pautas básicas sobre como buscar libros e consultalos no caso de que estea permitido. Se xa estivestes fedellando, dariádesvos de conta de que en canto seleccionades un resultado, ó seu lado aparece unha valoración e un reseña. Sobra dicir que isto vos é moi útil para cando non saibades, por exemplo, que edición dun libro é a máis completa.

No que respecta ó galego, certo é que aínda quedan moitos libros sen valorar e incluso sen reseña. Mais todos podemos contribuír a que isto cambie. O único que necesitamos para facelo é unha conta de Google.

Se xa a tedes (agora a clásica conta do Gmail vale para acceder a tódolos seus portais), basta con iniciar sesión e comezar (chegar e encher!). Se non a tedes, non dubides en facela, posto que vos dá o privilexio de confecciona-la vosa propia biblioteca.

Que significa isto? Pois que podedes almacena-las referencias bibliográficas de tódolos libros que consultedes. Desta maneira, non é necesario que gardéde-las ligazóns ós libros nos nosos marcadores, porque así poderedes acceder a eles desde calquera ordenador.

Ademais de almacenalos, podedes ordenalos como a vós máis vos guste, posto que podedes crea-los vosos propios andeis ou cartafois. Só tedes que acceder a My library e crea-lo cartafol. Logo, cada vez que consultedes un libro, só tedes que selecciona-la opción Add to my library e escolle-lo cartofol no que o queredes gardar.

Deixámosvos entón cos que escollemos para hoxe da nosa propia biblioteca. Desfrutádeos!

Permite a vista previa, pero non facer buscas dentro del. É útil para resolver casos que poden presentar dificultades na lingua, como a correcta ortografía dunha palabra ou a explicación da diferenza entre abonar e aboar, por exemplo.

Permite facer unha vista previa e tamén buscas. Recolle multitude de sinónimos, pero como é anterior á normativa de 2003, deberedes comproba-la súa ortografía e aceptación nun dicionario actual.

Permite a vista previa, pero non facer buscas

Permite vista previa e buscas

 

WordPress Themes