Category: micros abertos

Micros Abertos

Este xoves 28 de xaneiro ás 20:00h volvemos ao Café de Catro a Catro (Rúa Gerona 16, Vigo) cunha nova sesión de Micros Abertos!

Escribes, recitas, cantas ou simplemente queres contar algo? Agardámoste!

Nós poñemos o micro e ti a voz.

Difundide!

Cartel micros abertos definitivo

Micros abertos_29/10/16

Este xoves 29 de outubro ás 20:00h Trabalingua volve ao Café Catro a Catro (Rúa Gerona, 16, Vigo) cunha nova sesión de micros abertos.

Escribes, recitas, cantas ou simplemente queres contar algo? Agardámoste!

Nós poñemos o micro e ti a voz.

logo.microaberto

 

Así foron os Micros abertos

Vigo, xoves 16 de abril de 2015. Non é un xoves calquera, xentes do máis diverso camiñan cun destino concreto: o Café De catro a catro para citarse nos Micros abertos de Trabalingua. Algúns coñecíanse de antes, outros iranse coñecer alí. Poderían estar nas súas casas tirados nos sofás vendo algunha serie, falando por Whatsapp, ou tomando unhas cañas. Pero todos eles dicidiron compartir dúas horas da súa existencia con amigos e descoñecidos onde un partido nun bar quedou substituído pola poesía, polo teatro e pola música.

Nos Micros abertos citáronse xente do máis diversos, a maioría estudantes universitarios, pero tamén traballadores, profesores universitarios e xubilados. Alí aprendimos as consecuencias do alcol ao volante, perdímonos por dentro dun marabillosos pazo, coñecimos a grandes poetas andaluces, desfrutamos de contos infantís que tamén teñen moito que dicirnos aos adultos, afondamos no que significa o exilio ou o amor, correspondido ou non. A poesía erótica tamén estivo presente, así como o teatro ou a música. Rosalía volveu a nós a través da voz de Elisa, que recitou de memoria “Adeus ríos, adeus fontes” e “Airiños, airiños, aires” facendo que todos os presentes nos emocionaramos. Que ben recitou aquela muller! Houbo tamén un oco para os consellos dos avós, os contos de lobos, a denuncia da violencia de xénero e da fame, os microrrelatos. Tamén se recitaron clásicos internacionais, ou clásicos galegos coma Celso Emilio, Claudio Rodríguez Fer ou Cabanillas… E tantas cousas máis que non collen neste texto.

Grazas a todos os que viñestes. Agardamos que pasarades un bo serán, nós abofé que si. Ata a próxima!

IMG_20150416_201545

Micros abertos

Se pensas que aínda non amosaches o talento que levas dentro, agora tes a oportunidade de facelo na actividade de Micros Abertos que organiza a Asociación Trabalingua no Café de Catro a catro. O acto vai dirixido a tódolos alumnos da universidade, profesores e a calquera cidadá(n) de Vigo que desexe recitar poemas (propios ou alleos), ler algún texto, representar unha pequena obra teatral, cantar, tocar ou calquera outra cousa coa que desexes sorprendernos empregando como linguas preferentes o galego ou o portugués. Ademais podes colaborar na organización deste encontro para que sexa todo un éxito! Busca o grupo Recital Micros Abertos no De catro a catro no Facebook.
 

 

·

WordPress Themes