Category: Concurso Literario 2010

Concurso LV. Os tempos están cambiando

PSEUDÓNIMO: Avelaíña
CATEGORÍA: Tradución “The times they are a changing” de Bob Dylan
TÍTULO: Os tempos están cambiando

Xuntádevos toda a xente
onde queira que esteades
porque as augas aumentaron
ou é que non o notades?
En menos que canta un galo
estaredes entalados e se queredes salvarvos
eu xa vos vexo mollados.
Se credes que o tempo é ouro
por se acaso ide nadando
senón iredes a pique,
que os tempos están cambiando.

Ai! Críticos e escritores,
profetas da sensatez,
mantede os ollos abertos,
que o tren só pasa unha vez.
Non me poñades o carro
antes dos bois, por favor;
de momento non se sabe
quen vai ser o gañador.
Que a vida dá moitas voltas,
é unha ruleta virando;
os últimos os primeiros
que os tempos están cambiando.

Senadores, deputados,
escoitade esta chamada
e non quededes na porta,
non atasquedes a entrada
a aquel que se acha ferido
e que ha ficar alí quedo,
que esta batalla que hai fóra
é brava e dá moito medo.
Logo ha vir petar á porta,
igual bota o día petando
ata romper as paredes
que os tempos están cambiando.

Vinde tamén pais e nais
dende onde vos atopedes
mais non para criticar
cousas que non entendedes.
Que os vosos fillos e fillas
son os que mandan agora
e o camiño que trazastes
nesta etapa quedou fóra.
Xa que non colaborades,
ídevos modernizando
e deixade paso ao novo
que os tempos están cambiando.
Aproxímase a desgraza,
pois xa se trazou a liña
e os que son lentos agora
serán rápidos axiña.
Como o que agora é presente
máis tarde será pasado
e desaparece a orden
a que estaba baseado.
O que agora vai primeiro
de último nos vai quedando
ata ser o derradeiro
que os tempos están cambiando.

Concurso LIV. Nos días de miña irmá

PSEUDÓNIMO: Misshapes
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Nos día de miña irmá

Agora que vou vella e estou enferma, dáme por botarte en falta ó carón da miña cama. Fáltame a túa man amiga, os teus folgos e o teu sosego. E tan raro…a fin de contas, ti mais eu nunca chegamos a coñecernos. Se puidese crer nunha vida no mais alá, pediría atoparte no outro lado. Pero non podo. Supoño que para min non poderás ser nunca mais ca un recordo , triste, iso si, na miña cabeza avellentada. Agora doume de conta de que debecería por ver eses teus ollos. E mentres me mirases, e eu a ti, pediríache unha e mil veces, longos e sinceiros perdóns.

Ti viñas, pero non chegaches. Ti, que non estás nin es. Que non puideches ver en que se converteu este mundo noso. A cotío penso: ¿cómo serías?, ¿semellariaste a min? ¿A nosa irmá? ¿Terías o meu cabelo, a súa cara? ¿Os ollos de papá ou os beizos de mamá? Pero non. Non chegaches. Ti, nena outra vez. A pequena boneca da casa. Pero claro, iso, ¿que facía de min? Pensa,…pensa que eu me sentía xa coma unha princesa destroada. Eran tempos difíciles de cambio. Loitaba desesperanzada contra a imparable verdade de que era xa casi unha muller. Ti só viñas a acelerar o proceso. A roubar o meu lugar de nena. Porque tres sempre foron multitude, ou iso din. E eu que quería ser nena, sempre. Eu, coma Peter Pan, non quería crecer.

E si, dixen que mellor querería un gatiño. Porque estabamos na mesa, era hora de cear, e aquilo rompía moito a nosa rutina. E marchei a cama a chorar. A chorar porque era verdade o que eu xa sabía de antes. O que sabía polos segredos na casa, as voces baixiñas nas mañás, a apariencia diferente da nosa nai. E “bueno, un gatiño non, pero un irmanciño ó mellor…”. E si, dixen que mellor preferiría un gatiño. Pero , miña rula, ben sabes que non era verdade.

Prometeron que non habería cambios, pero a miña sorte estaba botada xa e eu sabíao. Tocaba dar un paso adiante. Ser maior. Pero non vou dicir mentiras, se poidese, por un tempo, a miña idea era xogar un pouco máis ó conto de que aínda podía ser unha rapaciña pequeña. A que non tería porqué coidar de vós. Pasaron os meses e comezamos a quererte. Eu afixenme á idea de que terte con nós non sería tan malo. Pero ti que viñas, non chegaches. E ese día souben que xa non era unha nena. Entendíno cando non chegaches e o noso mundo familiar se encheu de medos e sombras. E a casa de tristes silencios. Estabas xa tan preto…iso foi o peor. Estar tan cerca de atinar a ver a túa cariña e quedar no camiño. A ameaza de que o mundo podía ser inestable tiña que chegar dun momento a outro. Mágoa que a cousa comezase por ti.

¿Que se sentín culpa? Pois claro, unha pouca. A parte de rapaciña coa que me quedei en empréstito cando crucei a barreira cara a miña versión adulta aínda recordaba. É máis, non podía esquecer que por un momento, por pequeno que este fose, eu fun egoísta e non te quixen. Naquel entonces, daríao todo por cambiar as cousas. Crecería ata os sesenta anos de golpe só por que ti estiveras aquí.

Pero non estiveches aquí. Non estiveches para ver cómo algúns se ían. Nin para ver como outros chegaron. Non estiveches para acompañarnos nas nosas viaxes. Para ver nacer os teus sobriños, para darlles netos os nosos pais. Tampouco para despedilos. Coma non estas agora para despedirme a min.

Poucas veces falamos de ti ó longo dos anos. Faláballe de ti os de fóra, pero nunca os da casa. Aínda asi, sei que todos te recordaron. Todos recordaron que tiñamos que ser tres. Tres agasallos debaixo da árbore no nadal. Tres roscóns de pascua. Tres xenros na mesa os domingos. Tres…tres…tres…sempre tres.

Ti viñas, pero non chegaches. Quen sabe cal diferente tería sido a vida no noso fogar contigo. Tampouco é que non nos chegase a luz. Pero ésta, xa sabes, nunca sobra.

E o fin paréceme verte ó carón do meu leito. E tes os doces ollos azuis de papá, así un pouco caídiños coma os meus. E o cabelo escuro coma a nosa nena, enguedellado coma o de mamá. Cóllesme a man, e me dis que non me preocupe porque non hai nada polo que eu teña que ser perdoada. “Unha mágoa non ternos coñecido”, me dis. “Xa sei”, contesto eu. E quero crer para poder verte no outro lado. Pero non podo e esvaeces para sempre.

Concurso LIII. Amor de inverno

PSEUDÓNIMO: Coco
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Amor de inverno

Oes un tictac monótono no corredor e, cos ollos pechados na escuridade da noite bretemosa, tentas imaxinar os seus pés movéndose na dirección da habitación. Tic, tac, tic, tac… pero os pasos óense cada vez máis lentamente, e nunca chegan as pegadas do reloxo á túa cama. Paralízase o seu movemento, xunto co tempo, e o agarimo da súa man disolveuse no aire frío dun soño, do que espertas co cucú da medianoite. E queres saber cánto tempo levas espertando co cuco dun reloxo inexistente, do que oes perfectamente como marca os segundos. Eses segundos tan longos, feitos de fango, molestos, pesados, pegañentos, asfixiantes. Segundos que desprenden un insoportable bafo a augardente de mala taberna, imposibles de dixerir, quedando na gorxa, queimando e levando bágoas ós ollos. Bágoas de cristal, cravadas nas pálpebras e na retina; cravadas no pensamento e no corazón. En todo o teu corpo, menos na man coa que escribes cartas á felicidade, preguntándolle por qué e cándo marchou, preguntándolle, ou preguntándote, se volverá algún día. Pero non obtés máis resposta que o inquedante rumor da mirada dun mar de verán que te fita baixo un ceo que anuncia treboada. Ese mar tensamente tranquilo de mañá de campamento dos quince anos, cando non te importaba bañarte baixo a chuvia. Pouco a pouco, o desafío da auga convértese en noite, e o faro da illa devólveche o desesperante tictac dun corazón parado hai moito tempo. E un vento formado de palabras, sentimentos e monotonía envólvete nun terror e desconcerto coma os que sentiu Alicia cando caeu por un buraco ao mundo real.

Concurso LII. Teatro

PSEUDÓNIMO: Coco
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Teatro

Abriuse o pano. Soaba un fondo de Beatles disfrazado coa choiva forte dun día calquera de xaneiro. Estaba tombada na cama, pasando os dedos pola cuberta de pel dun diario de páxinas inmaculadamente brancas, a excepción dunha, a primeira. Aquela páxina pola que o caderno estaba aberto, e que descansaba coma un meniño sobre o seu peito, tiña un punto. Unha manchiña escura, case imperceptible, de cor azul, ou negra, ou negro azulado. Esa manchiña era todo o que quedaba do intento de comezar aquel diario, dez anos atrás. O único testemuño dun conxunto de ideas que nunca escribiu, dun rebumbio de emocións e palabras, que se perderan na paixón esgotadora dun pensamento efémero e, sen embargo, eterno. A súa man esvaraba lentamente polas follas sen escribir, que tiñan tanto que contar e, ó mesmo tempo, esvaraba tamén unha bágoa pola súa meixela. Despaciño, con moito coidado, coma se quixese pasar desapercibida, coma un neno que camiña no medio da noite para conseguir ver ós Reis Magos; baixaba brilando, pegadiña ó perfil da súa cara. Case sen querer, sacou de entre as follas o único que, xunto coa manchiña de cor azul, ou negra, ou negro azulado, deixaba un sinal de vida entre aqueles papeis mortos. Unha fotografía en branco e negro na que dous mozos sorrían ó fotógrafo. Ela non era excepcionalmente guapa. As súas faccións non eran moi especiais, pero eran suaves e harmoniosas. Os seus ollos escuros eran expresivos e tiña un amplo e cálido sorriso. Levaba o cabelo castaño recollido cun lazo, probablemente da mesma cor dun fermoso vestido de gasa. El, con traxe, era máis alto que ela, delgado, de cara afiada, cellas poboadas e pelo escuro ben peiteado. Non se podería dicir que era guapo, pero a súa mirada xunto co sorriso medio ladeado dábanlle un aire atractivo. A cabeza dela estaba medio apoiada no brazo del de forma que parecía como se estiveran feitos para estar nesa postura e a súa man dereita apoiábase distraidamente no mesmo brazo suxeitando unha flor branca, de pétalos grandes, lisos e carnosos.

Pechouse o pano e o silencioso aplauso dos seus sentimentos fixo que demorase uns segundos de máis en darse de conta de que a función rematara había xa vinte anos, ou trinta, ou quizais ningún. A través da ventá enfocou por fin a vista cara o xardín no que apenas se vía a silueta dos magnolios que comezaban a medrar. Sempre quixera ter magnolios na casa e, despois de varios intentos, a árbore nai da súa flor preferida crecía naquela terra, amosando pouco a pouco novas pólas, que naquel momento se vían envoltas por unha noite escura e bretemosa. Nas sombras, baixou a cabeza paseniñamente, case sen saber o que facía ou por qué o facía e mirou o que tiña nas mans. Unha moza cun vestido de gasa e un lazo no pelo, e un mozo de cara afiada sorrían dende unha fotografía en branco e negro moi gastada, case borrosa, á súa cara de faccións suaves e ollos expresivos. Unha bágoa con sabor a pasado caeu pesadamente sobre a magnolia que a rapaza suxeitaba distraidamente coa man dereita.

Concurso LI.Quérote, galego.

PSEUDÓNIMO: Algún Principe soñando
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Quérote, Galego

Hai orgullo nas palabras que vén arrastrando.

Existe nobreza na casta de tódalas súas letras.

É un privilexio defender coa honra ancestral

os gravados en escudos recheos de bágoas,

labrando os nosos soños no fío dun canivete

e sembrando con fame, a fala sentida e popular.

Dende sempre estarei en débeda con vostede:

Débolle a beleza da miña arraigada escritura

máis a arte da lectura e a súa tinta en regatos;

e non me esquezo do pracer fervente de recrear

a luz entre os buratos que aloumiñen ós antepasados;

pois somos o que somos, seremos, fomos e foramos.

A eternidade da nosa literatura cálida e tenra

vén correndo e percorrendo camiños enxebres;

e non descansará ata dilatar tódalas ánimas en pena

abrigando e obrigando ós seus respectivos corpos

a agrandar e enxalzar o verso desta cultura oratoria.

Nese inte as campás repicarán badaladas de vitoria.

Renacer entre a herba verde forma parte da vosa lenda;

é a sinxela herdanza de valorar o que nos pertence.

Traballo e serán para algúns, loita e froito para todos.

Purificaremos con carqueixa as pesadumes inocentes;

culpables son só os que non participan nesta ofrenda

de cantiga e esperanza cando un novo día amence.

Xurde historia en cada pedra que retumba co vento do norte,

e na súa man; que a relata coma un símbolo de vida e morte,

pois seguirá sendo testemuña eterna da nosas terras e fontes;

ésas que cunha musicalidade recóndita, agochada en toxeiras

desprenden un recendo autóctono a fogar e cancións de feira.

A linaxe da xentileza retratará a súa fonética bandeira.

Quérote, emigrante traballador, valente por natureza.

Quérote, mariñeiro domador dos mares sen flaqueza.

Quérote, frío inverno amparado na cociña de lareira.

Quérote, tradición loitadora que combates a xenreira.

Quérote, miña lingua inqueda e leda, dende sempre,

a máis fermosa de todas, a miña, a nosa… a galega.

Concurso L. A canción que che lembra

PSEUDÓNIMO: Férenac
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: A canción que che lembra

Ó escoitar esta canción estreméceseme a pel. É a nosa canción. A súa música que chea de vida, de ánimos para seguir. A súa letra lémbrame as nosas historias, as nosas vivencias. Sempre xuntos dicía ese cantar. Pena que iso xa non poida ser. Lamentablemente fúcheste para non volver. Dáme medo pensar en que aínda que esteas preto ou lonxe non che podo ver. Desapareciches da miña vida e agora xa nada é igual. Sen ti as cousas cambiaron. Choro por cousas que nunca antes habíanme emocionado. Río con sentimentos que xa non lembraba. Desde que te fuches, si, bótote de menos, pero teño que seguir adiante. Non podo pasarme unha vida chorando a túa marcha. Eu fun a culpable de que agora xa non esteas comigo. Quizais fun inxusta, non o sei. Pero se o fun pídoche desculpas aínda que xa sexa tarde. Non quixera quedarme con este remordemento toda miña a vida. Hai tantas cousas que boto de menos de ti… Tantos bos momentos, a felicidade que sentía cando estabas comigo, a calor que me facías sentir… Era maravilloso. Aínda que non podo negar que hai cousas que me alegro de non ter xa na miña vida. Os celos, a angustia, a desesperación por non terte… Esas cousas non debería botaras en falta, pero só por ir ligadas a ti é un sufrimento que quería aguantar. Valía a pena estar toda unha noite chorando por ti se ao espertarme tivese un segundo de felicidade ó teu lado. Estabamos ben xuntos ¿verdade? ¿Que foi o que pasou? Supoño que as malas situacións multiplicáronse e fixéronse insoportables. Xa non abondaba cun minuto de alegría para compensar todo o demais. A dor habitaba en min e non quería saír. Era demasiado. E entón deixeiche. Deixei que as cousas pasasen e seguisen o seu curso. Agora que xa non estás non sei se me arrepinto ou non. Eras bo comigo e á vez cruel. Xogaches tantas veces cos meus sentimentos… Se o penso podo ver que me deches moitos máis momentos de afogo que de consolo. Pero a pesar diso quería que estiveses comigo e que non nos separásemos. Eras unha parte moi grande na miña vida. Eras. Rexeiteiche por fin e fúcheste. Sei que non volverás, e se acaso non é así e volves. Vereiche con outra cara. Non serán os mesmos ollos, nin a mesma mirada, nin creas que che recibirei cun sorriso. Todo é moi distinto xa. Eu expulseiche da miña vida Amor e aínda que me doia lembrar os bicos tan doces que tiven grazas a ti, as veladas nocturnas abrazadas á persoa que queríaiso non abonda para emendar a dor dunha traizón, ou as desilusións ó intuír que nada era como parecía

Concurso XLIX.Os meus soños

PSEUDÓNIMO: Férenac
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Os meus soños

Os meus soños, rompéronse como bólas de crista
l Os meus días pasados mergullados en amarga soidade
As palabras que escoitaban non eran realidade
Se non mentiras disfrazadas de ira e crueldade
Ó verte esperando, cos teus ollos perdidos no vento
Un cheiro coñecido chega ata min, é algo novo
É a túa voz que reclama a miña atención e os meus soños
Pois alí é onde estás, onde esperas, onde che teño.
Fábulas que encerran a verdade do que pensas
Monstros que verme soa é o único que desexan
Para converterme na súa escrava e que verte non poida
Ó final chegas, rescátasme, e outra vez, bícasme.
Doces soños. Doces espertares. Doces olladas.
Imaxino unha historia onde por fin eu non son a mala.
Onde ó oír o teu nome os cidadáns reclámanche
Só para sentirse seguros dentro da túa rede de araña.
Nada máis. Só iso. Polo de agora só historias.
Seguirei esperando que me fales e me oias.
Algún día sairán da túa boca as palabras que desexo, as que me afogan.
E ese día os monstros renderanse, saben que xa non estou soa.

Concurso XLVIII. Harley Davison

PSEUDÓNIMO: Férenac
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Harley Davison

Iamos pola autoestrada cando quixemos adiantar a un camión. Vimos se viña algún coche por detrás, vimos ós lados, e iniciamos a manobra. Pero cando excediamos ó camión o coche que levaba diante non nos viu e botousenos enriba. -¡Estase espertando! Corre, chama á enfermeira. ¡Corre! Escoitei voces, ó principio afastadas e intelixibles, uns minutos despois notei como alguén falábame ó oído. Dicía o meu nome e preguntábame se lle oía. Quixen contestarlle pero os meus músculos estaban entumecidos e custábame demasiado respirar. Con moito esforzo conseguín abrir os ollos. Víao todo borroso. Había moita xente ó meu arredor. Conseguín distinguir os meus pais e a miña irmá a miña esquerda. A miña dereita estaba unha muller cunha lanterna apuntándome ós ollos. -Sonia escoítasme ben? – Intentei falar pero só conseguín emitir un leve son – Parece que responde correctamente. Vin como a miña nai collíame a man e esbozaba un pequeno sorriso. Estaba chorando. Logo durminme. Abrín os ollos, esta vez non me custou nada. Encontrábame moito mellor aínda que os meus músculos pasaran de estar entumecidos a inundarse nunha dor profunda. Xirei o cabeza con coidado xa que tiña algún aparello no pescozo que non me permitía grandes movementos. Quixen chamar á miña nai que estaba durmida nun asento ó meu lado pero non era capaz de alzar a voz, só saían murmurios inaudibles. De súpeto pola porta media aberta entrou unha muller. Ó verme sorriu e espertou á miña nai. -A Bela Durminte xa espertou. ¿Que tal te encontras hoxe? -Ben. – Dixen en voz baixa. Notaba que ós poucos recuperaba a voz. – ¿Que pasou? ¿Onde estou? -Estás no hospital. Tiveches un accidente ca moto e estiveches en coma varios días. ¿Acórdaste de algo?-Si, iamos adiantar pero un coche arrolounos e… espera. ¿Onde está Pedro? ¿Está ben? ¿Que lle pasou?As máquinas que estaban no cuarto empezaron a emitir asubíos máis rápidos. A enfermeiracambiou a súa expresión animada e pediume que me calmase. -Sonia por favor non te alteres. Pedro… Está ben, está noutra sala. Sairá dentro duns días e virá a verte. Tranquilízate cariño. A miña nai estaba moi nerviosa. A punto de chorar outra vez. Pedro estaba ben, iso era o importante. Intentei calmarme e facer o que me dicía a médica. Aqueles berros fixéronme danona gorxa e no abdome. Necesitaba descansar. -¿Por que lle mentíches mamá? Ten dereito a saber que lle pasou, por amor de Deus. ¡É o seu noivo! Teño que llo dicir. -¿Queres matar á túa irmá ou que? Non podemos dicirllelo agora. Está moi feble e non o soportaría. Necesita recuperarse. Abrín os ollos ó recoñecer as voces da miña nai e a miña irmá discutindo. Intentei enderezarme pero a miña irmá viume e paroume. Como odiaba esa cama, ese lugar. Estaba desexando ver a Pedro. Botábao de menos e estaba moi preocupada por el. Óxalá se recuperáse pronto.
Page 2
-¿Que pasa? – Pregunteílles. -Nada, nada. Segue durmindo virache ben.-Non quero durmir máis. Levo días nesta cama. ¿E Pedro? ¿Xa se recuperou? Necesito velo xa. A miña nai non dixo nada. Quedouse ollándome cunha ollada melancólica e ó tempo protectora. A miña irmá deu unha puñada contra a cama e botouse a chorar. -¿Que… Que pasa? ¡Fala dunha vez! A miña irmá alzou a vista ata poder ver a miña desesperación. Era todo tan estraño. Tiña medo. Temía o peor. Empecei a tremer, a moverme e a berrar que estaba pasando. ¿Por que non medicían nada? Necesitaba unha resposta xa. -Sonia, tranquila. Pedro… – Parou un momento de falar e olloume cos ollos máis tristes que vira na miña vida. – está morto. Por un momento crin que o meu corazón deixou de latexar, pero por desgraza non era así. Seguía viva. Vendo como a miña familia choraba a perda do meu noivo. Vendo as súas caras de pena. Intentando que non me alterase e tivesen que chorar outra perda máis. Quedeime inmóbil. Pola miña cabeza só pasaban imaxes de Pedro. Do noso primeiro bico. De como aconteceu todo. Das nosas vidas xuntas. De tódolos nosos soños, agora esnaquizados. Non sei canto tempo pasou. Non sei cantos días estiven na cama, sen dicir nada, sen comer, sen beber, sen chorar. Toda a miña vida reducírase a recordos. A vagos recordos que xa non volverían acontecer. Xanon. Perdérao. Perdera á única persoa que me quixera. Que me coidara tanto. Deus por que a el e non a min. ¿Que che fixo para que o levases contigo? É inxusto. Tiña toda unha vida por diante. Tiña un futuro. ¿Por que? Puiden contar semanas nese hospital tinguido de morte. Despois perdín a conta do tempo que permanecín alí. Tan morta como estaba Pedro. Odiaba como a miña familia repetíame que debía seguir adiante, que debía loitar… Que estupideces tan grandes. ¿Habían eles perdido á persoa que aman? Non pasaron por iso. Que saberán eles. Agora mesmo o que máis me entristece é non poder despedirme. Non coller a súa man cando se ía para sempre. Non dicirlle canto o amo. Non volver bicar os seus beizos porque agora, agora xa é tarde. Foise. E a miña alma foise con el. A miña vida, o meu espírito. Perdín o que máis quería neste mundo. Agora xa non sei que podo facer. Síntome tan soa. Os recordos cada vez doen máis. As promesas dun futuro xuntos esvaécense. Quero volver estar contigo. Necesito a túa presenza..Cando nos fomos do hospital unha enfermeira deume as cousas que levaba Pedro consigo cando o hospitalizaron. Entre as súas cousas encontrei a pulseira que lle regalei no seu primeiro aniversario que pasamos xuntos. Tamén tiña a súa roupa. Aínda ulía a el. Collín a súa cazadora de coiro e puxena. Naqueles momentos quizais era o único que me quedase del. Acaricieina con suavidade e notei que había un pequeno vulto nun dos petos. Metín a man e encontrei unha caixiña moi pequena da que sobresaía un papel. Cando a abrín encontrei un anel.

E na nota poñía: ¿Queres casar comigo?

Concurso XLVII.Deuses

PSEUDÓNIMO: Dante
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Deuses

Algún día chegará o día

No que volvan os vellos deuses

Deuses olvidados e enterrados

Que observáronnos impasibles

Mentres elevábamos torres negras

De metales fríos e roca dura

De ideas de barro e emocións de espuma

De ardentes fogueiras bíblicas

De montañas de libros e calaveras

¡Canto construimos, aprendimos e vivimos!

Pero agora tememos

Pois sabemos
Que algún día chegará o día

O deus río reclamará os seus prados

O deus volcán escupirá a dor

O deus bosque arroxará sementes

O deus vento dobregará rañaceos

E mares de escombros barrerán a terra

E a mar ruxirá satisfeita, chea de cadáveres

E a chuvia borrará o crimen

E as árbores volverán a respirar
E sairá o sol iluminando valles

E os paxaros, eternos testemuñas

Cantarán as melodías que levan séculos gardando

Para que ninguén as poida oír

Concurso XLVI. Conversación de aspectos

PSEUDÓNIMO: Dante
CATEGORÍA: Teatro
TÍTULO: Conversación de aspectos

O deu bó eo deus malo atopáronse na praza de San Pedro en Roma. Disfrazados de
humáns, vestidos ambolos dous con roupas grises e discretas, abríronse paso pola
multitude que reuníase para escoita-lo santo padre. Eles dous non falaban dende 1789.
Deus Malo: Dime , deus bó, ¿como vai o negocio?

Deus Bó: Francamente mal, deus malvado, as proporcións van na miña contra.

Deus Malo: ¿Demográficamente?

Deus Bó: Abofé que sí, aínda que cada vez hay mais homes, cada vez sonche

dunha moral mais voluble.

Deus Malo A tendencia vai na túa contra, daquela.

Deus Bó: Así é, teño varios gabinetes facendo estadísticas e gráficas. A colleita

é tan mala que, de seguires así, en dez anos a miña colleita verase reducida un

tercio

Deus Malo: ¡Vaites! Que ben, paréceme que gañarei a aposta varios miles de

anos antes do que eu estimara. (Frotándose as mans)

Deus Bó: O único que podería salvarme é unha revolución, e sospeito que ése de

alí non me será de moita axuda (sinalando o Santo Padre, resignado)

Deus Malo: Non o creo xa que ese é un dos meus mellares servos

Deus Bó: A hipocresía debería convertirse nunha virtude

Deus Malo: Estou de acordo, xa que neste mundo human é o primeiro que

precisas para sobrevivires

Deus Bó: Iso é porque os moi parvos creeronse aquilo da “selección natural”

Deus Malo: Oh si, lembro o señor Charles, creo que lle axudei un pouquiño co

seu libro (ríndo)

Deus Bó: Nin todos os meus esforzos han podido salvar a estes infelices… coa

invención do capital sellaches a túa victoria.

Deus Malo: Abofé que sí, aínda que para o teu consuelo direiche que anidan

novas ideas nos cerebritos destes vermes, ideas que che favorecen.

Deus Bo: Non me fagas rir, ¿cantos son? ¿un 5%?

Deus Malo: Creo que aínda menos (ríndo)

O Deus Malvado lle robou un xelado a un neno que pasaba por alí de súpeto e comezou a saborealo.
Deus Malo: Hum, sinto a miña victoria tan preto que case podo cheirala

Deus Bó: ¿De veras o queres?

Deus Malo: ¿Que se quero matarte? Dende logo

Deus Bó: Asi firmouse a aposta, o que gañase na recolección de almas bañaríase

na sangue do outro, pero… ¿ E logo? ¿Qué faras? A humanidade será pasto do

pecado, o egoísmo, o asasinato e a corrupción… destruirán o seu propio medio

se é que non se matan entre eles antes ¿De quen vaste alimentar enton?

Deus Malo: Meu inxenuo adalid do ben… tras matarte tomarei o teu posto. A

humanidade atoparase as portas da súa propia autodestrucción e enton,

únicamente enton, daránse de conta e comezarán a cambiar. Os homes

rexurxirán das suas cinzas como superhomes e comezarán a reconstrui-la terra,

repoblar os bosques, limpar os oceanos e sobre todo, a limpia-las súas

consciencias.

“Será a única forma de salvalos. E enton me amarán como antano che amaron a ti.”
“Tras bañarme na túa sangue”

WordPress Themes