Concurso LiterarioArchive for '' Category
Concurso literario
31 Marzo 2011) Marzo 31st, 2011Escribes poemas ou relatos curtos?
Se non o fixeches aínda tes tempo para eviarnos os teus textos ao concurso.
Publicarémolos no blogue e poderás optar a un premio de 50 € (hai un premio por cada categoría).
Máis inforamación en trabalingua.blogaliza.org/concurso
Comeza o II Concurso Literario
15 Febreiro 2011) Febreiro 15th, 2011Un ano máis, Trabalingua convoca o presente Concurso Literario coa finalidade de dar a coñecer os novos talentos galegos no eido da literatura.
O éxito de participación no primeiro concurso e a calidade dos textos que se presentaron animáronnos a organizar outra vez máis un concurso literario co que pretendemos:
-Estimular ás mozas e mozos galegos para que escriban textos literarios en galego.
-Dar a coñecer estes novos escritores.
-Que os lectores do noso blogue desfruten cos relatos e poemas que outros mozos escribiron.
Hai dúas categorías: unha de poesía e outra de relatos curtos. Cada unha delas ten un premio en metálico de 50 € (fronte ao único premio de 50 € que houbo o ano pasado). Non existe límite de textos por participante e os textos non poderán superar as tres páxinas. Todos os poemas e relatos recibidos iranse publicando no blogue trabalingua.blogaliza.org xunto co pseudónimo do autor.
As bases completas pódense ler en trabalingua.blogaliza.org/concurso/
Anímate e participa!
Textos gañadores
27 Maio 2010) Maio 27th, 2010Texto gañador: Gravidade cero de Alexandra Padín González.
Accésit: A sorte de Rita Vidal Gato
Accésit: Amor de inverno de Alba Pereira Chouciño.
Accésit: Recordos olvidados de Rebeca Álvarez Crespo
Celebración das Letras Galegas
19 Maio 2010) Maio 19th, 2010 
GRAN CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
No día de onte, último día de campaña electoral na universidade, houbo un acto que nada tiña que ver coas eleccións a reitor e a claustro: a celebración das Letras Galegas por parte da asociación Trabalingua.
As cinco e media da tarde corenta persoas xuntáronse nunha sala do Edificio Miralles para homenaxear a Uxío Novoneyra. O acto comezou coa entrega dos diplomas ás gañadoras do I Concurso Literario da asociación e coa lectura dos traballos gañadores, Alexandra Padín Gonzalez que obtivo o primeiro premio, así como 3 accesits para Alba Pereira, Rebeca Álvarez e Rita Vidal. Tras elas os membros do xurado composto por ilustres profesores da FFT Anxo Angueira, Patricia Bujan e Antón Palacios recitaron cadanseu poema de Novoneyra. Foron tamén moitos os membros da asociación que recitaron algún poema en homenaxe ao poeta do Courel.
Mais a festa non rematou aí, despois a xente xuntouse no local Leonardo da Vinci para asistir ao concerto de Leo i Arremecághona que lle puxo broche de ouro a tan bo día.
Velaquí podedes ver as fotos do envento :
http://www.flickr.com/photos/trabalingua/sets/72157623968932593/show/
Xa temos gañadores!!
6 Maio 2010) Maio 6th, 2010Tras unha intensa reunión do xurado, por fin se escolleron os textos máis merecentes dos premios do noso concurso.
Poderás saber cales son acudindo á entrega de premios que se celebrará o vindeiro día 18 de maio ás 17:00 na Aula 2 do edificio Miralles. Ademais disto, faráse lectura dos textos premiados, recitado de poemas de Uxio Novoneyra e haberá agasallos para participantes e asistentes!!
Mais non remata aí a actividade. Despois da entrega de premios, convidámoste a asistires a un concerto, a cargo do Leo i Arremecághona, que terá lugar na cafetaría Leonardo da Vinci.
Rematou o prazo
6 Abril 2010) Abril 6th, 2010Rematou o prazo para participar no noso concurso literario, estamos moi satisfeitos ante a alta participación. En breves poremos máis información e datas concretas. Moitas grazas e moita sorte a tod@a @s participantes.
Concurso LXI. O mofo dos segredos
31 Marzo 2010) Marzo 31st, 2010PSEUDÓNIMO: Ameixeira
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: O mofo dos segredos
Fotografía: José Cendón. Hospital Psiquiátrico. Burundi (África)
Gustaríame saber por que estou aquí, por que cada vez que esperto polas mañás non entra a luz do sol pola fiestra. Esa fiestra pola que foron escapando todos os meus soños e lembranzas. Porque todo o que sae por ela nunca volve. Porque por ela marchou todo o que fun e todo o que serei.
Teño medo a non saír nunca de aquí, medo a que os meus ollos non expresen máis que a escuridade destas catro paredes contra as que loitei tantas e tantas veces para que me deixaran saír. Porque eu sei que elas me observan e me torturan coa mirada. Porque eu ben sei que foron elas as que me ataron e me castigaron. Soltádeme, soltádeme xa.
Silencio. Nin un só ruído, nin unha soa palabra. Simplemente silencio. Silenciosa dor, silencioso medo, silenciosa agonía. Berro sen voz, choro sen bagoas, chove sen chuvia, chove soidade.
Polas paredes esvaran as bágoas do ceo, mentres do teito emerxe o mofo dos segredos.
Morro cada segundo e a cada minuto sufro máis que no anterior. Algún día ficarei queda para sempre nesta sombría soidade, mentres cada recuncho deste lugar se converte no meu propio cadaleito. A miña morte non significará nada porque non son ninguén. O momento no que morra será coma calquera outro momento do día e o meu derradeiro alento importará tanto como calquera dos segundos deste minuto.
O pranto pola miña vida rematou fai anos e a semente dos meus pensamentos non deu máis que bágoas e lamentos. Hai tempo que se baleirou a miña alma e que meu corazón deixou de latexar. Simplemente non existo, son como un obxecto máis desta habitación. Non como. Non bebo. Non sinto. Non vivo.
Concurso LX. Proposición
31 Marzo 2010) Marzo 31st, 2010PSEUDÓNIMO: Paulatinamente
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Proposición
Hoxe propóñovos unha vida diferente, unha vida na que os días pares tomamos muffins de chocolate entre horas e os impares empanadillas de xamón e queixo. Na que a hora do té convértese na hora da coca-cola sen cafeína. Na que o arco iris son aínda máis arco iris. Na que os peixes nadan no aire. Na que non hai que estudar, métesche un pendrive por un orificio nasal e xa tes toda a información asimilada no teu inquietante cerebro. Na que os vitrasas corren cara a ti, son eles os que te perden a ti, non ti a eles. Na que se vas cortarche as puntas na barbaría córtanche de menos. Na que os antivirus actualízanse sós. Na que o cola-cao en leite frío non ten grumos. Na que os luns non son tan luns. Na que hai reloxos dixitais que pairan o tempo. Na que o sol bébese a choiva e sempre fai bo dia. Na que sen lentes ves ben e con elas postas tes miopía.Na que os esquimales déixanche un oco no seu iglú cando apetéceche desconectar da vida da cidade.
E ti, pequeno cidadán deste mundo tes oído, gusto, tacto, olfacto, vista e un magnífico cerebro que che deixa pensar, e aínda mellor, soñar.
E eu pregúntome… a que estás a esperar? sácate partido, come o mundo.
Concurso LIX. A sorte
30 Marzo 2010) Marzo 30th, 2010PSEUDÓNIMO: Quen Tiqueiras
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: A sorte
Era unha fría noite de inverno, e a xente ía máis abrigada que nunca. Sen embargo, a el semellaba non importarlle. Seguía alí plantado, impasible, en mangas de camisa. O forte vento obrigáballe a balancearse para manter o equilibrio no alto daquel impoñente edificio acristalado.
Ía descalzo, e os dedos dos seus pés estaban dobrados sobre o borde de cemento, nun intento desesperado de evitar ese máis que precipitado final.
O seu rostro irradiaba serenidade, e a súa mirada perdíase entre a xente, alá abaixo.
As conversacións daqueles estraños, a maioría novos e despreocupados, chegaban distorsionadas aos seus oídos.Todos esperaban atopar diversión, esperanza naquel edificio onde as luces, as cores e os berros inundaban o ambiente, quizais un tanto atemporal. Un edificio onde el, máis ben cedo que tarde, o acabara perdendo todo.
Todos estaban seguros de cruzar aquelas portas coa fortuna do seu lado. El estaba seguro de que, igual que lle sucedera a el mesmo anos atrás, nas mentes daqueles descoñecidos se repetía unha e outra vez a mesma frase: “Eu teño sorte”. Todos estaban seguros diso. En cambio, co primeiro xiro da ruleta a situación cambiaba. Os roles quedaban invertidos. A partir dese momento, ¿es ti quen ten sorte, ou é a sorte a que te ten a ti?
A día de hoxe, el seguía sen sabelo. Por iso, quizais, estaba agora nesa situación.
Para poñer fin ao desacougo, ou se non ao desacougo, polo menos á dor, ao tormento, á decepción, e sobre todo, ao sufrimento dos que o querían.
Cerrou os ollos e respirou profundamente, revivindo na memoria unha infancia malvivida e tamén desaproveitada.
Recordou que cando era neno estaba convencido de ter súper poderes.
Estaba completamente seguro de que si o intentaba, voaría.
Desafortunadamente, as continuas reprimendas da súa nai fixeron que nunca chegara a confirmalo, e agora, só naquela azotea, a situación presentábaselle como a mellor para averigualo.
Se o conseguía, volvería á casa con algo do que a súa familia se podería sentir orgullosa, en lugar da vergonza habitual. Se non, tan só acabaría co sufrimento. Co propio, e co dos seus.
Sería a primeira vez en moitos anos que fixera algo bo pola súa muller e os seus fillos.Pasara o que pasara, todos ían saír gañando.
Entón, inspirou profundamente e saltou.
Saltou cara o frío vento da noite, cara os soños rotos, o pranto da súa familia, una enfermidade mal curada, unha ludopatía non admitida. Saltou cara o descanso, cara a morte. Saltou cara o final.
Concurso LVIII. Quérote
30 Marzo 2010) Marzo 30th, 2010PSEUDÓNIMO: Quen Tiqueiras
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Quérote
Quérote.
Quero que, ante todo, teñas iso claro. Non quixen deixarte, non vou a esquecerte e nunca te abandonei. Quizais nin sequera saibas quen son, quizais esta carta se perda no tempo antes de chegar a ti.
Quero que saibas que me gustaría moito poder estar aí para ti. Compartir contigo o teu primeiro aniversario, a túa primeira bicicleta, ou o teu primeiro amor.
Pero as estrelas están sempre no ceo. Aínda que a noite non sexa clara e ti non as poidas ver, están aí. Sempre. E eu tamén. Gustaríame que pensases en min como nunha estrela, como o que sempre fun e sempre serei. Túa.
Pode que alguén che falara xa de min, e pode que me odies, pensando que te deixei porque non te quería. Pensar nisto desgárrame por dentro, e a dor é insoportable.
Por iso escribo esta carta, porque non soportaría pensar que non me queres, que me odias por algo que nin sequera ocorreu realmente.
Probablemente te esteas preguntando por que agora, por que non moito antes, aforrando toneladas de dor para ambos.
Simplemente quixen esperar a que puideras entendelo ben. A que puideras comprender que, cando escribín isto, ti aínda non naceras. Pero íalo a facer. Sabía que o ías a facer. Non estaba disposta a permitir que marcharas sen chegar sequera. Sen ver o mundo, sen sentilo, sen tocalo. Aínda que eu non fora a estar aí para acompañarte.
Agora que sabes isto, solo espero que o teu punto de vista cambie, e que non me odies por alimentar a túa vida dando a miña a cambio.


