Xornadas

Dende a Asociación Trabalingua da Universidade de Vigo comprácenos presentar as “Xornadas Trabalingua : Unha volta pola música e audiovisual galegos”, que terán lugar no Edificio Miralles do Campus Universitario de Vigo entre o 30 de marzo e o 7 de abril de 2011.

Temos solicitado a validación de cŕediots de libre configuración, polo que as xornadas poderán ser validadas por DOUS CRÉDITOS L.E. ou un CRÉDITO ECTS se asistes ao 80% da totalidade das mesmas.

XORNADAS ENTEIRAS = 2 CREDITOS L.E. OU UN CREDITO ECTS


Inscríbete mandando un correo electrónico con nome, apelidos, DI, titulación, correo e teléfono ó enderezo: xornadastrabalingua@gmail.com.

Dende a asociación Trabalingua coidamos que é esencial para a normalización do país galego
que os seus mozos dispoñan dun espazo de consumo cultural propiamente galego, no que poidan
identificar a lingua galega como vehículo para desfrutaren da cultura da que hoxe desfrutan noutras
linguas e apta para participarmos das conversas culturais entre os pobos do mundo. Quen non se lembra das series e cancións do Xabarin club? Cal é a situación do cinema en galego? Cales son os principais grupos de música en galego na actualidade?

Dende as curtas e a animación até regueifas e os programas de radio musicais, reflexionaremos coa axuda de profesionais do sector e personalidades da música, cinema e televisión galegos sobre a situación dun dos aspectos máis importantes para a normalización dun idioma.

O noso programa é o que segue.

Ligazón ao programa completo

MÉRCORES 30 DE MARZO Mañá: (9-14h)

9:00 – 9:30 Acto de apertura

Alfonso Caride, técnico de actividades culturas da Universidade de Vigo
Iolanda Veloso, concelleira de Igualdade e Xuventude de Vigo
Anxo Tato, presidente da Asociación Trabalingua

9:30 – 12:00 A ficción televisiva en Galicia
9:30 – 10:30 Proxección dun capitulo de Matalabos
10:30 – 12:00 Ponencia:

-Pepe Coira: Produtor executivo
-Carlos Ares: Guionista
-Luis Iglesia (Carmelo Matalobos): Actor

12 – 12:15 Descanso
12:15 – 14:00 A xeración Xabarín
12:15 – 14:00 Ponencia:

Alberto Casal-Director do Xabarín Club
Pablo Novoa-Músico
Nicolas Pastoriza-Músico
Puto Coke-Músico
Woyza-Cantante

XOVES 31 DE MARZO. Mañá, 9-14
O cine en Galicia.

9:00 – 11:15 Análise da historia do cinema en Galicia, trabas na súa produción e vías de
desenvolvemento. A dependencia do sistema de subvencións. A distribución e o movemento de
obras e festivais por internet. A industria do videoclip e os novos creadores.


-Xosé Nogueira, autor de O CINE EN GALICIA, da USC, residente en Vigo/
-César Silva: Festival de Cine de Ourense
-José Manuel Sande (CGAI): representante de Galicia para as axudas no Ministerio de Cultura)

11:15 – 11:30 Descanso

O sector da animación
11:30 – 12:20
Alberto Neira: Representante de Bren Enterteinment
13:15 – 14:00
Proxección dun filme de animación: Nocturna.

XOVES 31 DE MARZO. Tarde 16-20
As curtametraxes como pequeno formato para as novas xeracións.

16:00 – 17:00 Proxección de curtas

-Mamasunción (Chano Piñeiro)
-Cousas de Kulechov (Susana Rei)
-Minitauromaquia (Juan Pablo Etcheverry)

17 – 17:30 Proxección da curta O morgado tivo un prezo (Pedro Díaz e Pepe Mansilla).
17:30 – 18:00 Presentación por parte de Pedro Díaz e Pepe Mansilla da súa curtametraxe.

18:00 – 19:30 Proxección dunha longametraxe: Hotel Tívoli
19:30 – 21:00 Discusión e crítica da logametraxe, dirixirán o debate Pepe Mansilla e Pedro Díaz, licenciados en Comunicación Audiovisual

SEMANA 2ª MÚSICA
MÉRCORES 6 DE ABRIL. Mañá 9-14

 

9:00 – 9:50 Analizar o momento actual da música galega, difusión da oferta musical para a mocidade
que existe na actualidade.

-Vituco (Ruxe Ruxe) de Planeta Furancho (Radio Galega).

9:50 –10:45 Os artistas contan a súa experiencia á hora de gravar as súas cancións, ensaiar, sacar a súa música a rúa. O estado do musical dende a perspectiva do artista.

-Uxia Senlle e Natxo Kogito

10:45 – 11:00 Proxección e presentación do videoclip “Galego” de El Puto Coke.

11:00 – 11:30 Proxección dun vídeo de komunikando.tv

11:30 – 11:45 GALEOKE, A música que levas dentro.

11:45 – 12:00 Descanso

12:00 – 12:30 Os festivais como axentes dinamizadores da música galega

-Alfonso Blanco Torrado: organizador do festival de  Pardiñas (Guitiriz)

.
12:30 – 14:00 Reflexionar sobre porque a oferta actual musical para a mocidade non é suficientemente
visíbel, forte e estábel. Os axentes que están un chanzo por riba do artista: os promotores e
produtores musicais.

-Daniel Fernández (O toxo rabudo)
Komunikando.net (Denís Mutante)
-Debate, preguntas entre os asistentes e os tres últimos poñentes.

MÉRCORES 6 DE ABRIL. TARDE

16:00 – 17:30 Obradoiro de regueifa
Obradoiro de regueifa con dous regueifeiros da asociación Oral (Bieito Lobariñas e Pinto d’Herbón) e con Aíd (Aida Alonso Iglesias, estudante da Uvigo, e popular rapeira de Valladares).
17:40 – 19:00 Concerto.
Concerto de  Guadi Galego e Guillermo Fernández (ESPIDO)


XOVES 7 DE ABRIL. Mañá (9-14)
Conclusión e peche das Xornadas.

9:00 – 11.45 Conclusións audiovisual, feche, debate

-Antón Reixa: produtor e editor
-Xosé Manuel Olveira (Pico): presidente ADG
-Martín Pawley (crítico de cine)

11:45 – 12:00 Descanso
12:00 – 13:45 Conclusións música, feche, debate

-Xurxo Souto
-Ovidio Rodeiro, director xeral de Xuventude e Voluntariado
-Xabier Alonso (xerente da Fundación Illa de San Simón), en nome de AGADIC.

13:45 – 14:00 Clausura das Xornadas:

-Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria

-Representante da Asociación Trabalingua

***NOTA: O programa non é definitivo e pode sufrir modificacións. ACTUALIZADO 6 de abril 00:30 horas

 

César Silva

Other Links to this Post

  1. Trabalingua » Unha semana para as Xornadas de Música e Audivisual! — 23 Marzo 2011 @ 11:01 p.m.

  2. A Xeración Xabarín, a xeración que aprendeu galego vendo a tele | Vigo al minuto — 30 Marzo 2011 @ 4:51 p.m.

  3. Xornadas trabalingua: unha volta pola música e audiovisual galegos — 29 Agosto 2012 @ 1:03 p.m.

WordPress Themes