III Quintal literario- II – MISERICORDIA

As bágoas resplandecían iridescentes nas súas meixelas sucias e grises, coma se fosen cometas no medio da noite máis negra. Nada quedaba do fogar que noutrora existiu onde hoxe escansaban os tanques de guerra.

E, coa mirada fixa no ceo, pregoulle a Deus que baixara para ver se era iso aquelo ao que el chamaba misericordia.

Adaverde

WordPress Themes