Foliada coa ESN no Café de Mario

Mañá, venres 4 de decembro, organizamos xunto coa ESN de Vigo unha foliada a partir das 21.30 cos grupos As Pandereteiras de Gargamala, As Rexoubeiras e A charanga da Benita. Antes, ás 20.00 haberá un obradoiro de baile galego para principiantes. E por suposto que estás convidado a vir bailar ou tocar. Vémonos!

Foliada pantalla 4decembro2015

WordPress Themes