Así foron os Micros abertos

Vigo, xoves 16 de abril de 2015. Non é un xoves calquera, xentes do máis diverso camiñan cun destino concreto: o Café De catro a catro para citarse nos Micros abertos de Trabalingua. Algúns coñecíanse de antes, outros iranse coñecer alí. Poderían estar nas súas casas tirados nos sofás vendo algunha serie, falando por Whatsapp, ou tomando unhas cañas. Pero todos eles dicidiron compartir dúas horas da súa existencia con amigos e descoñecidos onde un partido nun bar quedou substituído pola poesía, polo teatro e pola música.

Nos Micros abertos citáronse xente do máis diversos, a maioría estudantes universitarios, pero tamén traballadores, profesores universitarios e xubilados. Alí aprendimos as consecuencias do alcol ao volante, perdímonos por dentro dun marabillosos pazo, coñecimos a grandes poetas andaluces, desfrutamos de contos infantís que tamén teñen moito que dicirnos aos adultos, afondamos no que significa o exilio ou o amor, correspondido ou non. A poesía erótica tamén estivo presente, así como o teatro ou a música. Rosalía volveu a nós a través da voz de Elisa, que recitou de memoria “Adeus ríos, adeus fontes” e “Airiños, airiños, aires” facendo que todos os presentes nos emocionaramos. Que ben recitou aquela muller! Houbo tamén un oco para os consellos dos avós, os contos de lobos, a denuncia da violencia de xénero e da fame, os microrrelatos. Tamén se recitaron clásicos internacionais, ou clásicos galegos coma Celso Emilio, Claudio Rodríguez Fer ou Cabanillas… E tantas cousas máis que non collen neste texto.

Grazas a todos os que viñestes. Agardamos que pasarades un bo serán, nós abofé que si. Ata a próxima!

IMG_20150416_201545

II Quintal literario -XXXII- Adeus

É tempo de sentir e deixarlle ó vento levar as palabras. Un pensamento escorrega entre os dedos e pousa quedo para coller folgos, a rosa do camiño asinou un pacto co demo e mostrou a espiña antes de tempo.

Hoxe só queda a lembranza, o día de onte non acouga.

Un rumor no vento. Unha promesa sen cumprir.

Adeus.

Bryan

II Quintal literario -XXXI- The leak

E entón caín.Ás profundidades do abismo. Irremediablemente,sen nada ao que atenerme,simplemente caín. Tesme exactamente onde ti querías. Entregueite todo e ti,ti que me destes a cambio? My love,estou cansada da vida na sombra… Se non eres quen de liberarme,abrireime paso eu mesma a través das altas paredes da túa prisión. Eu tamén quero brillar.

Arsonist’s lullabye

II Quintal literario -XXX- Fairytale

A vida de princesa está sobrevalorada… tantos sacrificios feitos e non recibín máis que mentiras . Mordín a mazá envelenada,esperei na torre,sacrifiquei o meu zapato de cristal e ata cambiei a miña voz por un par de pernas… e nin así. Mr. Azul tardou tanto en vir a bicarme que quedei durmida.Estou farta de contos. Marcho de Disney.

Arsonist’s lullabye

WordPress Themes