II Quintal literario -XXIX- A carreira de Ela

A Ela esvaráballe una bágoa pola súa fazula como o facía a asa do apertador polo seu brazo. Esa mesma man que acariñaba os corpos con curiosidade de alumna estaba espíndose e debuxando círculos nun corpo descoñecido.

Son trinta euros­ dixo amoucada cando rematou.

A Ela doíalle o corazón pero pronto sería unha cardióloga excepcional.

Arik Salvay

II Quintal literario -XXVIII- Querido Benoit

Querido Benoit:

O meu 27 aniversario; estaba eufórica, xa que conseguira todo o que quería: amigos, una casa e traballo. Pero durou pouco. Un son agudo na cabeza, e no peito unha dor imperceptible.Quizais foi el; o que tanto cariño me collera; e eu, a puta mulata, acababa de ser asasinada como outras moitas mulleres, a mans dese homofobo fillo de puta.

 Bohemian.

II Quintal literario -XXVII- Despiste

-Canto vento fai, isto non me ule ben.

-Puuuf, mira o ceo, o negro que está.

-Ten pinta de caer un chaparrón.

-Como non nos quiten de aquí… imos apañados.

Jamilet levantouse do sofá e despois de mirar para a ventá, foi correndo hacia o tendedeiro para recolle-la roupa. Xa era demasiado tarde.

Liz

II Quintal literario -XXVI- Renacer

Coa consciencia de quen comeza a nacer, as lúas tornáronse infindas e o pracer das túas palabras servíronlle de alento na súa aventura máis importante, a de renacer dunhas cinsas que agostaban o ímpeto de calquera ser. Así, as noites transcorreron co seu cálido devagar, amosando un cariz que reflectía que a esencia do sol continuaba viva no meu interior.

Chuchi

II Quintal literario -XXV- Quimera

O grandor dos teus ollos amosoulle que a certeza polo futuro era algo exiguo, que só era importante o presente, aquel que tiña a vitoria revestida de nome de muller. Eternos foron os intres nos que anhelabas que houbese algo que revivise o exánime do seu interior. E apareceu a primeira letra desta quimera que teima en vivir en ti.

Chuchi

WordPress Themes