II Quintal literario – X- Zocos de despedida

Colleuna pola man e levouna ao carón do lume. Alí ensinoulle uns zocos novos, e xuntas tinguíronos cun tizón para protexelos do inverno.

Á maña seguinte xa non estaba. Só os zocos ao lado da lareira e unha pouca borralla fumegante…

Aínda hoxe, 90 anos despois, a vella chora en soños pola súa irmá que emigrou.

Cairo

II Quintal literario -IX- Festa infantil

O cheiro gustoso a biscoito recén feito enchía a cociña. E a nata e o chocolate por riba. E cuncos cheos de caramelos, e berros, confeti, globos, choros, serpentina, risas, purpurina, cancións infantís, papeis, larpeiradas, debuxos, un pallaso…

E quitar as manchas do mantel co deterxente máis anunciado da televisión.

Eu só quería ser coma ti, Clarissa.

Nimba

II Quintal literario – VIII- Clemencia

Ambientes decadentistas. A decadencia é beleza, din. Beleza externa, mais como afoga ásque estamos dentro.

Lembro aquel cuarto húmido, escuro e descolorido, e pérdome en enormes corredores deespellos, que nos ensinaban unha e outra vez o que non queriamos ser. Eu só busco clemencia. Clemencia para ti, non para min.

Triska

WordPress Themes