II Quintal literario -VII- Na procura dunha harmonía cotiá.

Conducía de volta a casa, preocupada, pensando nun día no que todo lle saíra ao revés. De súpeto, esqueceuno. Fronte a ela, figuras de cores orbitaban arredor dun destro malabarista que as mantiña xirando nun equilibrio inverosímil e hipnótico. O tempo detívose o que tardou o semáforo en abrir o paso. Ao cabo, arrancou levando a casa un leve sorriso.

Dan Grushenko

II Quintal literario -VI- A lenda do Míster (IOUS)

O Míster(IOUS) goza de voz melosa e envolvente. Só pon un pé de cando en vez nalgún recuncho onde non é tratado de defunto. Por se negar a cooperar as veciñas sufriron duros desgastes e foron marxinadas, mais a lingua resistiu sen facer do Míster(IOUS) o seu mellor aliado, e vencedoras sentaron xuntas e ledas na mesa do entendemento.

O pampalliño

WordPress Themes