II Quintal literario -V- Ai, as cebolas!

Teñen moitas capas, as cebolas. Tantas, que contalas é tarefa imposible. Contalas, de forma numérica, e contalas, como historias. Supoño que precisamente é por iso que me gustan, porque son una forma de debuxar algo difícil, algo (im)posible. En finas capas, que transparentan, á vez que ocultan. E, se te descuidas, ata che poden facer chorar. Ai, as cebolas!

AmbiValente

II Quintal literario -IV- Ola e adeus

Pequeniña, ela. Dixo ola, tímida, contestáronlle cun sorriso e xogaron. Xogaron ata que chegaron os maiores: “di adeus que toca marchar”. Despediuse. Confundida, pensou “nunca máis os vou volver ver?”. Xa choveu, e cada vez que di adeus pasa polo mesmo, pequeniña e confundida. Pero desta historia non se volvera acordar ata hoxe. Serán amnesias temporais, para aprender de novo.

AmbiValente

II Quintal literario -III- Que é morrer?

Cando morrín sentín medo. Esperaba non sentir nada, deixar de existir, esfumarme. Polo menos, iso era o que me contaran, aínda que o meu subconsciente sempre pensou que iso non era certo, non podía ser certo. Non pode rematar todo dunha forma tan simple, tan decepcionante.

Le Revenant

II Quintal literario – II- Cando o solpor do outono os envolveu de escuridades.

Coñecéranse hai anos, unha noite de inverno, e na primavera seguinte xa eran inseparábeis. Rían, gozábanse; eran días cálidos.

Pero agora, unha sombra de incerteza arrefriara o seu tempo. A rutina consumira a enerxía deoutrora. Chegara o momento de darlle un novo comezo as súas vidas, e agardar que o porvir lles deparase unha sorte maior. Resignados, decidiron casar.

Dan Grushenko

WordPress Themes