Quintal Literario – LXXIII – Fala

Fala

Semente que non medra. Estirpe que desaparece. Desprezada. Infravalorada. Resístome a pensar que vou acabar consumida pola envexa dun sistema opresor. Que fixen eu para sufrir tales maltratos? Por que me odian sen coñecerme? Por que falan de imposición cando se refiren a atentados encubertos contra a miña persoa? Non teño sexo, non teño idade mais dende logo teño caducidade.

Chucha

WordPress Themes