Quintal Literario – LX – Que se lixe a Troika

Que se lixe a Troika

Circunferencia viu un sombreiro acoirazado enriba dun suadoiro. Debaixo había un home. Deu un chimpo onda el e díxolle: Se non é moito preguntar…, vostede que radio ten?

Eu? _respondeulle fachendoso_ o da cabeza deste que me carreta polo mundo.

Entón faloulle ao home: Que radio ten a súa cabeza?

O malpocado respondeu: o que don Sombreiro precise para asentar!

Tresenraia

WordPress Themes