Quintal Literario – CII – Os paxaros do Edén

Os paxaros do Edén

Coma o paxaro que regresa ao xardín que abandonara un día e pregunta ao tempo se hibernara na súa ausencia. Se deixara as ramas espidas, envoltas na caduca nudez do outono. Se as follas agardaran, murchas e alfombradas, musitando o seu nome.

Coma o paxaro, volvín ao Edén da nosa lembranza, debullando baixo as árbores o amor que soterrara.

Ene Uvepé

Other Links to this Post

  1. Trabalingua » Blog Archives » Xa temos os gañadores do I Quintal Literario! — 12 Xuño 2014 @ 7:38 p.m.

WordPress Themes