Quintal Literario – LV – Amor de tres paradas

Amor de tres paradas

Fuahh! Menudo latigazo no corazón! Dous minutos para que chegue o Metro. Non son capaz de mirala. Procuramos a mesma porta de entrada. Sentados e distanciados so polo estreito pasillo. Mírame de esguello, míroa de esguello. Crece a tensión entre nós, o corazón saeme da caixa, comezo a hiperventilar. Pihh! Pihh! Pihh!. Péchase a porta.

O pirata

Quintal Literario – LIV – Sen tradución

Sen tradución

E velaí estaba ela, como despois de cada luscofusco, danzándolle ó luar naquela brétema enfeitizada. E alí estaba ela, brincando con ledicia cos vagalumes e as avelaíñas, embebéndose do orballo, ateigada de lembranzas, sentindo saudade duns tempos enxebres. E alí estaba a meiga, cavilando se tal vez había sitio para ela entre as lendas urbanas.

Axóuxere

Quintal Literario – LIII – Aire libre

Aire Libre

Tremía nas miñas mans, esa pequena pomba que conseguira apreixar despois de que se mancara ao bater coa ventá. Nunca entendín ese medo que moitos animais manifestaban cara nos, eles que non tiñan nada que perder, que podían ir e vir sen maís… e abrindo as mans comprendín que temían perder o máis valioso que se podía poseer. Liberdade.

Axóuxere

Quintal Literario – LII – Soidade

Soidade

-Supercalifragilísticoespialidoso.

Rematou de mira-lo desgastado vídeo de Mary Poppins por enésima vez. Premeu o botón expulsándoo do reproductor VHS e gardouno na súa caixiña plástica e rectangular, con todo o coidado e amor do mundo. Esa interminable e inmortal palabra non paraba de dar tumbos na súa cabeza.

Acto seguido, dirixiuse á única fiestra do cuarto e pechouna por fóra.

Svhên

Quintal Literario – LI – Tristeza

Tristeza

Dito isto volve apegar a cara ao colchón. Os seus saloucos fanme rachar por dentro. Non estou seguro de se realmente teño que marchar. Xa non sei nada… Ela é débil, está espida… non hai cousa máis delicada no mundo ca ela. Chora e chora. Non hai nada que a poida consolar. Só, quizáis, que eu me quede…

Strögonov

Quintal Literario – L – Pandora

Pandora

Ergueu entón a tapa abrindo así a porta do Inferno. Demos, lume e sombras comezaron saír torrencialmente da pequena caixa de madeira. Non sabía cómo, pero acababa de libera-lo máis puro Horror agochado nas tebras. O Medo. Aquilo do que os pesadelos fuxían, que asustaba ao mesmo Deus.

Sen dúbida, aquel era o comezo da Fin.

Pedra

Quintal Literario – XLIX – Insomnio

Insomnio

-Necesito que mires máis alá, máis adentro; no profundo da túa cabeza. Necesito que escarves nos teus recordos, na túa memoria… no teu pasado.

-Ti non o entendes. Temo ao meu subconsciente. El… ha de ser horrible, espeluznante, dantesco… Só eu sei o que pode haber ahí, doutor, e pode que non queira sabe-lo.

Eu

Quintal Literario – XLVIII – Nana inexpugnable

Nana inexpugnable

Aínda sen decatármonos, foi mesmo aquel arrolo primordial o adival que nos amarrou á vida. Porque as palabras son un agasallo que escorrenta as soidades. Son como a capa daquel vello meigo do circo, un veo que oculta e preserva o engano para que así poida xurdir dese sombreiro inaudito, inmaculada e inocente como unha pomba branca, a fantasía.

Vaidecarriño

WordPress Themes