Quintal Literario – XXVIII – Gaivotas

Gaivotas

Nena de interior, sempre soñara con ser unha gaivota transatlántica,  ave viaxeira  que cruza azuis océanos polo ceo infinito; pero cando cheguei á costa descubrín que as gaivotas de agora viaxan nos camións do peixe que van a Madrid.  Contentareime con ser gaivota bandoleira, alíxera Robin Hood que rouba comida nas terrazas dos ricos para darlla ós pobres.

Charrán

Other Links to this Post

  1. Trabalingua » Blog Archives » Xa temos os gañadores do I Quintal Literario! — 12 Xuño 2014 @ 7:37 p.m.

WordPress Themes