Quintal Literario – XXVII – FONdoMAR

FONdoMAR

Inmensidade azul sobre a miña cabeza. Quen noutro tempo fora amigo e compañeiro agora mantenme preso. Montes de area, silencio infinito, verde escuro que pesa. De súpeto un branco movemento. Gaivotas? Aquí non. Arriba, lonxe, luz. Abaixo, velorio submarino: un cadaleito de madeira para a líquida morte do mareante.

Arriba,  cada vez mais lonxe, luz.

B. Leiro

Quintal Literario – XXVI – Doctrina XXI

Doctrina XXI

E foi vosa a culpa, non soubestes xestionar todo o que xenerosamente vos ofrecemos.

MIra que volo dixemos: traballade arreo, sen contrato, sen dignidade. Non protestedes! Xa nos daredes as

GRAzas. Odiade a vosa terra porque non ten qué ofrecervos (fomos nós que quedamos con todo, pero non importa).

Aquí non hai futuro porque eles non queren que o haxa.

Ana Crónica

Quintal Literario – XXV – Unha bala

Unha bala

Atopábame metido nun autobús, no que había máis xente; a calor era insoportable. Co camiño pedregoso e cheo de curvas os bambeos constantes non te daban acougo, e aínda menos disfrutar das paisaxes   selváticas e coloridas do lugar. Ata que vin coma unha bala voaba en dirección a miña cachola. De súpeto, espertei en suores fríos e latexos acorantes.

Literuxío

WordPress Themes