Trabalingua

Unha asociación aberta de mozos e mozas da UVigo que queren poñer en valor a lingua e cultura proprias galegas, sen dependencia de ideoloxías ou organizacións de calquera índole

Search:

« AnteriorSeguinte »

Galeguismo e mocidade: pasado, presente e futuro

22 Marzo 2011

Dende a asociación cultural Trabalingua coidamos que todo pobo debe, e máis ten o dereito, de ser coñecedor da súa propria historia. Saber de cada milílitro de suor e cada pinga de sangue derramado polos nosos antergos é fundamental pra valorarmos o que somos, pra a normalización da nosa cultura; así como pra mantermos a entrega de coñecementos dunha xeración á seguinte, co obxectivo de non truncar a nosa evolución como sociedad…e. É necesario restaurarmos a memoria pra podermos soster o presente e construír o futuro.

Así é que coa intención de esculcar no pasado, analizar no presente e proxectar no futuro deseñamos unha actividade co seguinte programa :

10:00-10:50 1ª Poñencia : Xusto Beramendi: As mocidades galeguistas durante a II República
10:50-11:00 Descanso
11:00 – 11:50 2ª Poñencia : Uxío Breogán Diéguez: «O nacionalismo xuvenil na II República: Ultreya»
11:50 – 12:00 Descanso
12:00 – 12:45 Homenaxe a Francisco Fernández del Riego.
Plantarase un pradairo en homenaxe a Del Riego mentres un dúo de gaita e clarinete tocan o himno galego.
Intervirán:
-Malores Villanueva, filóloga e amiga de Don Paco
-Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo
-Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria
12:45 -13:00 Descanso
13:00 -14:00 Palestra : Representantes de movementos de mocidade políticos.
-Paulo Carlos, Mocidade Nacionalista Galega
-Pablo Millán, Xuventude Socialista Galega
-Marcos Fernandez Lema, Converxencia XXI

Agardamos a vosa participación neste acto e desexamos que lle saquemos todos proveito.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Archived in Actividades | Trackback | del.icio.us | Top Of Page

2 ResponsesGaleguismo e mocidade: pasado, presente e futuro to “”

  1. Galeguismo e mocidade: xornada no CUVI sobre as Mocidades Galeguistas Says:

    [...] Galeguismo e mocidade: xornada no CUVI sobre as Mocidades Galeguistas trabalingua.blogaliza.org/2011/03/22/galeguismo/  por trabalingua hai 2 segundos [...]

  2. El cuerpo no da más Says:

    [...] das Mocidades Galeguistas: esta actividade que organizamos dende a Asociación Cultural Trabalingua, unha asociación [...]

Olark Livehelp