IIConcurso Literario -12- Outra oportunidade
PSEUDÓNIMO: Lady Gadian
CATEGORÍA: Relato
TÍTULO: Outra oportunidade
Para eles foi unha bendición, como un milagre, como un desexo cumprido, como un sono feito realidade. Milagrosamente quedara embarazada. Un ano máis tarde de que o seu médico lles dixese a ela e o seu marido que xamais poderían ter fillos, o lograran. Ían ter un fillo propio, sangue do seu sangue. O pouco de coñecer tan boa noticia o home morreu nun grave accidente de tráfico. A muller tivo que pasar o embarazo ela soa, pero iso era o único que a animaba a seguir vivindo. Pasaron os nove meses e naceu unha pequena e doce nena preciosa. A súa nai adorábaa e coidábaa con moita dozura. Pero un día algo tráxico sucedeu.
Unha noite ela espertou para ir ao baño, pero antes decidiu ir a ver a súa filla para comprobar que durmía pracidamente. Cando entrou no cuarto e se achegou ao berce, onde descansaba o bebé de apenas tres meses, decatouse. A criatura non respiraba. Rapidamente colleuna e puido comprobalo con total certeza. Aquel pequeno ser perdera a vida. Chamou a unha ambulancia a pesar de que xa non se podía facer nada pola nena. Os médicos chegaron e confirmaron o que ela xa confirmara minutos antes. Leváronse ese pequeno corpo e ela quedou tirada no chan da súa casa envolvida en bágoas e co corazón totalmente roto. Non podía deixar de chorar. Acababa de perder ao que máis quería no mundo. Perdera a súa única filla, ao único ser sangue do seu sangue. Non comprendía como o deus, ao que tanto adoraba, fora capaz de arrancarlle das mans o seu maior tesouro. Non podía soportar tanta dor. Meses atrás perdera ao seu amado, a persoa coa que tivera a aquela nena e agora lle estaba a arrebatar das súas mans ao único motivo polo que ela fora capaz de continuar. A muller non deixaba de preguntarse porqué o deus que lle brindou tan fermosa oportunidade se a arrebataba de tal xeito.
Os días pasaron e ela continuaba chorando. Pasábase as horas no cuarto, que fora do bebé, abrazada a un boneco que pertencera á súa doce filla. Co tempo a loucura apoderouse dela e fixo que empezase a crer que aquel boneco era a súa filla. Perdera completamente a cabeza e trataba a aquel anaco de plástico igual que a un ser vivo. Finxía darlle de comer, falaba co boneco, a chamaba igual que á súa filla, dicía oíla chorar, cambiáballe os cueiros e saía con ela á rúa. Paseábaa no carro de bebé que comprara para a súa verdadeira filla.
Un día saíu á rúa co carriño de bebé que contiña ao boneco dentro. Como cada tarde levou a que ela boneca que era a súa filla ao parque. Colocouna nun bambán e xogou con ela durante horas. Mentres balanceaba a aquel xoguete, escoitou uns choros tras unha árbore próxima. De pronto esqueceu a súa pequena boneca naquel bambán e dirixiuse ao lugar de onde procedía aquel triste son. Mirou tras a árbore e sorprendeuse. Tombado no chan, ao pé daquel carballo encontrábase un bebé, envolvido nunha manta e sen deixar de chorar. Colleuno nos brazos e rapidamente foise con el ao hospital máis próximo. Pediu axuda a un médico e esperou ata que comprobaron que aquela criatura do señor estaba en bo estado e sen ningún problema de saúde. Mentres esperaba na sala do hospital, recobrou a cordura e decatouse de que o ser ao que estivera a columpiar tan só era un boneco e por fin admitiu que a súa filla morrera. Pero outro milagre sucedéralle, encontrárase un bebé abandonado e faría todo o posible para conseguir ser a súa nai legal. O médico entregouno ao neno, un neno de apenas un mes de idade. Levouno á casa e alí coidouno. Ela fixo todo o necesario para conseguir a custodia daquela criatura. Non era sangue do seu sangue, pero agora volvía ser nai e trataríao coma se ela mesma o houbese parido. Se o seu deus lle brindaba esa oportunidade de novo, non podía volver fallar. Non podía permitir perder unha vez máis a un fillo.
O tempo pasou e ela xa é unha pobre anciá que goza de boa saúde e dun fillo de trinta e tres anos que a coida. Non perdeu o neno e conseguiu crialo ela soa. Agora é el o que coida dela e do que agradece a Deus que a súa nai o encontrase ao pé daquel carballo. Milagrosamente o señor brindou outra oportunidade a unha nova nai que caera na loucura por perder a súa filla.