BILLARDA

Os membros da asociación Trabalingua, coa finalidade de difundir este xogo tradicional, organizamos a presente exhibición e campionato de billarada no CUVI.

A billarda é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos.  Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible

Podedes atopar máis información aquí:

DÍA: Mércores 2 de marzo de 2011

LUGAR: Pistas de tenis (CUVI), ao lado do pavillón

HORA: De 16:00 a 19:00

INSCRICIÓN: 0 €  (non ten trampa)

PREMIO CAMPIONATO: 50 €

PROGRAMA DA ACTIVIDADE

-Explicación por parte de dous membros da LNB (Liga Nacional de Billarda) das regras e forma de xogar á billlarda.

-Xogos amistosos entre os asistentes.

-Campionato entre os asistentes (o gañador levará 50 €).

Se se pode deixar aquí un comentario confirmando asistencia (para facernos unha idea da xente que irá):

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA UNIVERSIDADE DE VIGO – EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN TRABALINGUA

COLABORAN: DEPORTES-UVIGO. LNB (O VARAL)

  • By zegers, 28 Febreiro 2011 @ 11:05 p.m.

    Ola,

    Gustaríame saber se é necesario levar os propios paus de cada un ou os poredes vós a disposición dos concursantes?

    Aínda non teño decidido se pasarme, que fai moitos anos que non xogo.

  • By pincha LNB, 1 Marzo 2011 @ 6:19 p.m.

    haberá paus e todo o requerido para xogar e desfrutar dista xornada histórica na Uvi coa nosa lingua e co noso deporte nacional…a serpe multicor da LNB agarda por ti!!

  • By Anonymous, 2 Marzo 2011 @ 12:16 a.m.

    Son un dos xogadores habituais da LNB e, sen carauta, heime pasar.

  • By froitas, 2 Marzo 2011 @ 9:32 a.m.

    habera que ir

Other Links to this Post

WordPress Themes