Concurso LVI. Como unha bala perdida

PSEUDÓNIMO: Avelaíña
CATEGORÍA: Tradución “Like a rolling stone” de Bob Dylan
TÍTULO: Coma unha bala perdida

Daquela vestías ben fina
e aos pobres dabas propina, non si?
A xente dicíache, “nena
,coidado que vas caer”
pero ti non facías caso,
non o chegabas a crer.

Sempre te mofabas deles,
dos que andaban enredando
e agora aquel teu orgullo
pouco a pouco foi marchando.
Ter que ir pedir para comer,
e por riba de repente
é moi triste.
Que se sente?
Que se sente?
Ao perderes a boa vida
Coma unha descoñecida
Coma unha bala perdida?
Fuches á mellor escola
durante a túa mocidade
e o único que fixeron
espremerte, miss soidade.
A defenderte na rúa
non tiveches que aprender
e agora é cando descobres
que te vas ter que afacer.
Dicías que entre un pobre e ti
nunca ía haber compromiso
e agora é cando descobres
que nunca pensaras niso.
Pero é que el non vende escusas,
el non te quere enganar
mentres que o mires aos ollos
e propoñas negociar.
Ter que ir pedir para comer,
e por riba de repente
é moi triste.
Que se sente?
Que se sente?
Ao perderes a boa vida
Coma unha descoñecida
Coma unha bala perdida?
Para ver os malabarista
sendexamais te volviches
e iso que actuaban para ti
pero ti nunca o entendiches.
Non debiches permitir
que decidisen por ti
porque outros se divertiron
e ti acabaches así.
Dabas voltas nesa moto
fardona co teu galán
que por se non fose abondo
levaba un siamés na man.
Non é duro descubrir
que o galán nunca te quixo
e roubarche canto tiñas
foi o único que fixo.
Ter que ir pedir para comer,
e por riba de repente
é moi triste.
Que se sente?
Que se sente?
Ao perderes a boa vida
Coma unha descoñecida
Coma unha bala perdida?
Princesa no campanario
alá no máis alto
e toda a xente con clase
estaba a beber, pensando
que xa pasaran de fase.
E trocaban agasallos
e outras cousas sen parar
e ti co anel de diamantes
que deberías empeñar.
Sempre te divertías tanto
co Napoleón do farrapo,
coa linguaxe que empregaba
e coa súa lingua de trapo.
Agora vai a onda el,corre,
que te está a chamar,
agora vai a onda el
que non te podes negar.
Porque cando non tes nada,
non tes nada que perder
e agora que es invisible,
xa non te tes que esconder.
Ter que ir pedir para comer,
e por riba de repente
é moi triste.
Que se sente?
Que se sente?
Ao perderes a boa vida
Coma unha descoñecida
Coma unha bala perdida?

WordPress Themes