Concurso XLIII. O ataque dos lobos

PSEUDÓNIMO: O bardo
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: O ataque dos lobos

– Esa maña os lobos contábanse por centos, estaban estomballados nunha ladeira próxima a entrada norte do pobo, mentres os poucos veciños que quedaban atopábanse dentro da igrexa, refuxiándose do posible ataque dos animais, nós atopabámonos na primeira casa despois do río que estaba colindante a pendente, eramos uns quince, aparte de min e meu fillo Lázaro, no los dous eramos cazadores de lobos e os veciños chamarannos para acabar cos lobos que levaban un tempo asoballando esta vila, xa levábamos uns días aquí e non habíamos localizado tantos lobos como aquela maña, a primeira persoa que os avistara era Carmela una anciá duns 70 anos que foi avisar os demais habitantes sobre as sete da maña ao principio non sabíamos cal era o motivo pero cando nos despistamos un momento un lobo atravesou o poboado correndo e atacou a muller do alcalde. Na casa cadaquén tiña o que podía para defenderse: coitelos,paos e unas poucas armas, pero o que mais me chamou a atención foi que Carmela quixo participar en todo momento na matanza que se aproximaba.

– Despois de toda a tarde e dunha noite tranquila, as dez da maña do segundo dia de confinamento o primeiro lobo apareceu polo perímetro da aldea, nese instante un silencio sepulcral invadiu a casa, mentres algúns rezaban, Carmela foi a primeira en cargar a súa arma pero o home da dereita cargou,apuntou e disparou, o animal caeu fulminado, entón o tipo comezou a rir e dixo: Comeza o enfrontamento final, eles ou nós. Pasaron uns segundos e dous novos lobos apareceron polo horizonte estes viñan directamente a casa, detrás deles outros catro facían a súa aparición, aterrados comezamos a dispararlles a todo o que se movía fora da casa pero o seu maior numero e a nosa falta de puntería fixo que mais pronto do esperado quedaramos sen munición, así que tivemos que esperar a un ataque corpo a corpo, meu fillo Lázaro colleu un sable que atopou na cociña da casa e eu conformeime cun ferro alongado, sen mais un lobo enorme de cor negra fixo a porta anacos e cun longo ouvear fíxolles saber ao seus camaradas que xa estaba dentro, curiosamente a primeira persoa en reaccionar non fomos meu fillo e eu que xa estábamos acostumados a velos, senón que foi a señora Carmela a cal cun certeiro golpe, da culata da escopeta que levaba, acabou co noso inimigo, sen tempo para mais outros lobos comezaron a achegarse a fenda, cada un foise encarando cun ou dous lobos pero a súa superioridade pronto comezou a facer mella nos defensores, a situación íase complicándose cada vez mais así que Carmela,Lázaro,Gonzalo, un veciño duns vinte anos coma o meu fillo, e eu fuximos a agocharnos no piso de enriba. Gonzalo e meu fillo comezaron a tapiar a porta dun cuarto onde nos refuxiaramos, pasaron as horas e a nosa desesperación aumentaba, cando a noite tomou o relevo e os nosos invitados comezaron a ouvear todos xuntos, coma un coro dando un concerto, pero estes mais ben tocaban un réquiem por nos, de pronto todos quedamos quietos cando sentimos coma as pisadas achegábanse a porta e alí paraban.

-Eu saia aí e esganábaos a todos- dixo a vella Carmela mentres Lázaro e Gonzalo rían a cachón. Eu non ria, a situación estaba moi complicada e non sabia se iamos estar todos vivos a fin do dia.

– A señora Carmela levaba toda a noite contándolles historias os dous rapaces para tranquilizalos pero eu podía darme conta da preocupación que lle percorría o corpo recordando o seu marido enfermo, que se atopaba na igrexa cos demais veciños, nunha ocasión cando os dous xoves apartaron os ollos dela, permitiu que unas bagoas lle acariciasen a meixela,case podía sentir as gañas, as ansias, que tiña por abrazalo e despedirse del posto que, tanto ela coma eu sabíamos que iamos morrer naquela casa.

-Non pasou moito tempo ata que sucedeu o que espera, un lobo gris rompeu a porta dun zarpada e entrou nunha decima de segundo o mesmo tempo que tardou Carmela en apartar a Lázaro da traxectoria do lobo, coller un pao e darlle morte o animal pero dous mais entraron detrás del e atacaron sen agardar un momento a anciá caeu cara tras mentres Gonzalo tentou quitarlle un de riba outro colleuno pola lombo e despois dun alarido de dor este caeu o chan, eu fun un pouco egoísta e non axudei a vella se non que collín o meu fillo e corrín cara o corredor con tan mala fortuna que el caeu polas escaleiras, intenten cóllelo pero un lobo deume un zarpazo e empuxoume ata un cuarto, sorte que puiden reaccionar a tempo e pechar a porta da estancia. Non sei que lles pasaría ao resto, agora os lobos están a punto de atravesar a porta, so teño un rifle cunhas cantas balas, non sei como vai rematar isto espero que alguén atope este pequeno relato e conte a nosa historia.

P.D: Este relato foi atopado por Anselmo marido de Carmela, “os lobos xa marcharon e nos deixaron tranquilos”. Este relato e na memoria destes valentes homes, pero sobre todo na memoria da miña muller, Carmela Montero Perez, descansa en paz.

Concurso XLII. Sei

PSEUDÓNIMO: Algún principe Soñando
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Sei

Sei que agochaches un sorriso desmembrado

en cada usurpado trono dos teus reinos.

Seino, porque agotaches a poesía dos beizos

para unha vez máis rirte do meu verso;

dende sempre, o máis pobremente estriado.

Sei que algo asubían as cores que me arrincas,

pero quen puidera entender os seus ledos cantos;

cando os meus dedos, solpores veciños de tantos

lumes, secan e encenden ós teus sabores brancos.

As cinzas volveranse temores se con elas brincas.

Sei que buscas polo menos, algo menos metódico

que saír cos pés por diante pola porta de atrás,

agás se nalgures as penurias riscan as ventás;

entón a túa arriscada luz dirame que non volverás;

ou que a sobreexcitación do meu ego e algo autóctono.
Sei que o meu traxe de-sastre, verde esperanza

pinta negro o encaixe das esmeraldas que levaches;

eses cos que coseches a feitura do meus viaxes

brotando humidade nas mensaxes que lavaches

enfuscadas no vocabulario intrépido da vinganza.

Sei que algún mausoleo deplora morte sen ter tento;

é evidente se o teu coitelo segue cortando con folgura.

Duran aínda as tebras tortas para os que madrugan

e as palabras coxas enforcaríanse na soñadora fondura;

a mesma mansa lama na que entro só, e na que só entro.

Sei que un paso firme levaríanos pola ruta ben-aventurada.

Sempre souben sorber a oportunidade que colga dun fío;

lixo transgredido será cando me agreda o teu cálido frío

do que nunca será culpábel a falta da calor senón o ceo sombrío.

El sabe que nada disto e culpa nosa. Seino…e non sei nada.

Concurso XLI. Gravidade Cero

PSEUDÓNIMO:Francés F
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Gravidade Cero

Nesta habitación sen fiestras a bombilla pende espida
espidos penden os corpos
e revestimos almas en coiro de animais famentos
Un intre de pasividade:
bágoa si, bágoa non, escuridade, escume amarelo
Eiquí
as pernas rodean vértebras,
beizos en sexos, ollos en embigos
Os alentos compártense e retense antes da exhalación
e agonizan as conciencias, e morren os sentimentos
mentres a luz fallece coa suavidade dun suspiro;
quietude no rincón onde descansan os vaqueiros
a etiqueta di “lavar en frío”
Dez intres máis:
Dostoievsky dorme, Tzara observa
algún contemporáneo que desaparece da escea
na que permanecen dous corpos fríos, semi-inertes
máis aló de toda paixón, de todo anhelo
unha catatonia inducida por calqueira factor interno ou externo
Chegar ao extremo
sobrepasar o límite
un paso máis
Demasiada euforia, exaltación excesiva, palpitacións desbocadas que afogan e,
entón,
morte
Literatos relámense e transcriben as verbas non pronunciadas
excitación
grotesca retórica
lírica deplorábel
un intre, dous intres, tres; e afógote, e afógasme; tanto corrosivo; tantísimo veleno; estupor; nai,
matriz; auga; dor, dor, dor; rotura, xemidos; vermello tan vermello; fume, cinzas, un misto;
vacuidade; esgótasme, desfasme en suor, saliva e bágoa; só valeiro e unha métrica sen
harmonía; só valeiro e dor e vermello
Na habitación carente de gravidade

Nesta habitación sen fiestras a bombilla pende espidaespidos penden os corpose revestimos almas en coiro de animais famentosUn intre de pasividade:bágoa si, bágoa non, escuridade, escume amareloEiquías pernas rodean vértebras,beizos en sexos, ollos en embigosOs alentos compártense e retense antes da exhalacióne agonizan as conciencias, e morren os sentimentosmentres a luz fallece coa suavidade dun suspiro;quietude no rincón onde descansan os vaqueirosa etiqueta di “lavar en frío”Dez intres máis:Dostoievsky dorme, Tzara observaalgún contemporáneo que desaparece da esceana que permanecen dous corpos fríos, semi-inertesmáis aló de toda paixón, de todo anhelounha catatonia inducida por calqueira factor interno ou externoChegar ao extremosobrepasar o límiteun paso máisDemasiada euforia, exaltación excesiva, palpitacións desbocadas que afogan e,entón,morteLiteratos relámense e transcriben as verbas non pronunciadasexcitacióngrotesca retóricalírica deplorábelun intre, dous intres, tres; e afógote, e afógasme; tanto corrosivo; tantísimo veleno; estupor; nai,matriz; auga; dor, dor, dor; rotura, xemidos; vermello tan vermello; fume, cinzas, un misto;vacuidade; esgótasme, desfasme en suor, saliva e bágoa; só valeiro e unha métrica senharmonía; só valeiro e dor e vermelloNa habitación carente de gravidade

WordPress Themes