Concurso XL. A Freud

PSEUDÓNIMO: Leo
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: A Freud

Atopábame medio durmido, polo carreiro dun estraño e coñecido bosque, guiado por uns extranos susurros. A cada lado do carreiro observaba os carballos, eucaliptos, non, non eran eles os que me rumoreaban. Non tiña medo algún, sentíame seguro baixo a luz da lúa. Ao fondo vín algo que iluminaba con luz propia, parecía unha árbore.

Fíxeme nos meus pasos, estaba seguindo inconscientemente un rastro de peniques, céntimos e centavos, pero non reparei en coller ningún deles; a avaricia non estaba da miña parte. A medida que me achegaba observei con claridade que o que brillaba con intensidade era un dourado salgueiro llorón, de follas azul mariño e entre as raíces, unha pequena fonte da sabedoría. Decateime de que os susurros eran as voces das doces e delicadas musas que se escondían entre as ramas caídas do salgueiro. Detrás deste estaba o lago dos soños, onde diariamente bañábanse as musas e os cisnes. Asomeime á beira pero non me vía reflectido.

Sentín unha suave brisa mariña. Algo iluminábame e abrasaba fortemente os ollos, abrinos, atopábame tombado na praia, na realidade mesma.

Concurso XXXIX. Luns cos ollos pechados

PSEUDÓNIMO: Leo
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Luns cos ollos pechados

Luns; levantouse como todas as mañás co son matutino do espertador, á súa vez co cotiá e suave bico da súa muller. Tiña o seu traxe negro como todas as mañás na cadeira de madeira, todo normal, como cada luns, martes, mércores…
Mentres afeitábase a súa muller Laura duchábase, o perfumado cheiro do champú de pétalos de rosa engalanáballe mentres se afeitaba; seguía sendo a súa musa como dende o primeiro día. Zeus foise sen almorzar, só co bico de Laura.

De camiño ao traballo, compraba sempre o New York Times ao mesmo mozo que estaba na entrada do metro do Madison Square, e como sempre, collía a liña tres uptown tan puntual coma sempre. No metro mentres lía a columna de sociedade decatouse de que o vagón non estaba tan cheo como de costume, pero proseguiu coa súa lectura mañaneira, iso si, sen chegar á folla das necrolóxicas. Zeus, traballaba de deseñador gráfico nun rañaceos da sétima avenida e a verdade era moi bo e cumpridor no seu traballo. Notou como os vagóns se vaneabasen fortemente, mentres que as lucen apagáranse e o maquinista freou bruscamente e por unha estraña razón pechou os ollos.

Cando abriu os ollos estaba xa no seu destino, pero non recordaba baixar do vagón, saíu ao exterior, pero xa era de noite pero deuse conta que non estaba na sétima avenida, estaba na quinta avenida, onde el vivía, e era tardísimo, así que dirixiuse ao seu piso, que estaba á beira do hotel Pennsylvania, exactamente na vixésima planta. Mentres subía no ascensor el só, alagáronlle diversos cheiros, como se varias persoas viñesen dun funeral ou algo parecido. Cando entrou no piso, todo estaba escuro, pero non acendeu ningunha luz para non espertar a Laura. Foi ao salón e tumbouse no sofá, reparou no xornal que estaba na mesa, pero era do martes e estabamos a luns, estaba aberto pola páxina das necrolóxicas, aquelas nas que nunca reparaba e non lle daba importancia. E alí, estaba lendo a súa propia necrolóxica.

Concurso XXXVIII. Tic Tac Traxedia

PSEUDÓNIMO: Leo
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Tic Tac Traxedia

Esperteime mirando a tétrica luz que se coaba da persiana ao teito. Era unha noite calorosa de verán, pero á vez glacial. Algo no meu interior sobresaltábame, á beira na casa da miña veciña Vitoria escoitábase un gran alboroto. Vestinme e apresureime a ver o que ocorría.

Ao chegar notei o ambiente estixio. A porta estaba aberta, e unhas poucas persoas tristes, e entre estas notei que o corpo frío de Vitoria xacía no seu sillón; no que adoitaba sentar como de costume todas as tardes dos domingos, coa sua copiña de licor de mazá, soando de fondo as súas cancións preferidas de Sinatra e de cando en vez, dáballe corda ao seu prezado dourado reloxo de pulseira.

Alí estaba, sen vida, coa copiña encima da mesa e coa marca carmesí dos seus beizos gravada. Decateime da ausencia do reloxo na súa boneca, pero non lle dín moita importancia. Era unha traxedia, coñecíaa dende que era pequeno, permanente é o meu recordo de como me agarimaba. Era o seu costume, todos os sábados pola mañá, que me sorprendese en casa cun biscoito de plátano que tanto me gustaba; era unha muller incrible, sempre compartía os seus mellores recordos comigo.

O caso é, que o mércores discutiu co seu home, co que compartía a súa vida dende facía tres anos, Henry chamábase. Henry era médico, moi serio e con carácter, pero non mal home. Pero logo da discusión, este foixe da casa e ata hoxe non se sabía nada del.

Cando estaba consolando á filla de Vitoria, Sofía, escoitei á policía científica que quizais Vitoria morrese envelenada. Foi entón cando me decatei de que Henry estaba na cociña. Levantouse a falar comigo. Pregunteille onde estivera estes días e contestoume que fose a unha convención en Massachussets sobre un tratamento do Alzeimer. Estivemos recordando os momentos nos que Vitoria aínda estaba entre nós. O meu corazón empezou a palpitar ao ritmo da verdade que ví nos ollos de Henry. Produciuse un silencio, e neste, reparei na chaqueta de Henry, un débil tic-tac proviña dela…

Concurso XXXVII. Pobre nena rica

PSEUDÓNIMO: Paulatinamente
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Pobre nena rica

A raíña do Underground, o ser máis belo e caótico que coñecín en toda a miña vida.

Detés o tempo coa túa presenza, es o gato indefenso dos suburbios ao que todos queren coidar, fráxil como a porcelana acabaches nas brutas mans dun tirano.

Destinada a ser unha superestrela, acaparar miradas, ser cegada polos flashes. E é que os flashes che cegaron tanto que non soubeches distinguir quen che quería de verdade de quen che quería para usar e tirar, confiaches en quen máis che roubou.

Pobre nena rica, metíchesche no mundo que non che conviña, cometiches uns cantos erros, mordiches máis do que podías mastigar e agora te atopas soa nun canellón sen saída.

Estabas arriba. Todos te amaban. Todos querían ser como ti. Todos te imitaban. Pensabas que detrás de todo heroe estaba a súa heroína, e non dubidabas en polo en práctica cun par de chutes, pequeno icono e heroe da moda.

Tiñas o mundo aos teus pés, aínda así estabas baleira, solitaria nisto de vivir, sen absolutamente nada que perder.

Entón foi cando te deches conta e deixáronche caer sen dirección a un pozo case tan baleiro como o teu corazón. No fondo eras consciente da lei da gravidade, de que todo o que sobe baixa. E como non, os que parecía que ían estar aí para sempre resulta que non están. O teu ascenso foi moi rápido, pero a túa caída non ía ser menos, e máis sendo coñecida como a raíña do underground. Supoño que a fama che viña demasiado grande…

Hai anos que non te vexo en persoa,ás veces en antigas revistas, fotos, mesmo en soños. Pero xa sei que non te volverei a ver en vivo e en directo. Non se onde, nin como, nin cando, nin como, nin con quen estás. Só espero que alguén digno che rescatase e que esteas ben, pequena e pobre nena rica.

WordPress Themes