Concurso. XXVIII. Iris e o seu sono!

PSEUDÓNIMO: Kika
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Iris e o o seu sono!

IRIS E O SEU SONO!
Ola… Vouvos contar a miña historia… Eu son unha nena coma outra calquera. Chámome
Iris, aínda que os meus amigos chámanme máquina porque sei moverme ao ritmo da música
coma ninguén.
A miña historia trátase de como eu cumprín o meu soño, que era bailar.
Eu só tiña 6 anos, o baile xa era o meu soño. Bailaba con calquera música que fose. A partir
dos 9 ou 10 anos foi cando empecei a ir a clases de Funky e Hip-Hop, que eran os dous tipos
de baile que máis me gustaban .
Eu era unha boa estudante e grazas a iso podía seguir indo a clase, pero cando tiven 12 anos
os estudos complicáronseme e non puiden ir a clases de baile nin o primeiro trimestre nin o
segundo. Eu sempre estaba soñando con ir a estudar danzas de todo a tipo a Broadway,
California, Nova Iorque. Tamén soñaba con estar no progama Fama a Bailar…
Cando tiña 18 anos escolléronme no progama de Fama a Bailar grazas aos meus amigos que
me axudaron. Rematou o progama. Fun a gañadora e así cumprín o primeiro soño . Cando o
programa rematou decidín cumprir o soño que me quedaba por cumprir pero antes diso
estiven en Londres un tempo con clases para profesionais.
Despois dun tempo co diñeiro do premio decidín ir a Nova Iorke e donar un pouco de diñeiro
aos que non teñen nada .Alí decidín gañar diñeiro dando clases de todo tipo de baile e case
todas as actuacións que faciamos eran benéficas. O grupo chamábase Máquinas a todo
gas .Cando eu xa tiña 20 anos seguía dando clases pero tamén fun de xira cun musical.
Grabei unnha película. Fun famosa e sobre todo cumprín o meu soño. Así ocorreu a miña
historia!

Concurso. XXVII. A miña conciencia

PSEUDÓNIMO: Xhela
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: A miña conciencia


A MIÑA CONCIENCIA

¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Rematáronse soños,
ilusións e esperanzas.
Esvaecéronse co tempo e as agardas
do que un día soñei que soñaba.
¡Cala!
Xa non quero nada
¡Cala!
Termináronse lóxicas,
razoamentos e reflexións.
Esfumáronse en erros e equivocacións
do que un día soñei que soñaba.
¡Cala!
Xa non quero nada.
Eu xa non son ninguén,
ti xa non es nada.

Concurso. XXVI. Non me pidas

PSEUDÓNIMO: Negra perpetua
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Non me pidas

NON ME PIDAS
Non me pidas que te ame,
Xa o fixen sin que mo pediras.
Non me pidas que te odie,
Odiaría que o intentaras.
Non me pidas ser amigos,
Xa o fumos, olvidáchelo?
Non me pidas que volvamos,
Xa o fixemos e soltáchesme.
Non me pidas meus soños,
Xa non vives neles.
Non me pidas meu rancor,
Sabes que non o teño.
Non me pidas tristeza,
Ti fuches motivo de alegría.
Non me pidas o ceo,
Rompímolo, non é certo?
Non me pidas amor,
Dincho todo e xa non me queda.

Concurso. XXV. A historia dos tres esquíos

PSEUDÓNIMO: Claro de luz
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: A historia dos tres esquíos

A HISTORIA DOS TRES ESQUÍOS

Era unha noite de moito frío, alá polas catro da madrugada. Tres esquíos atopábanse no seu fogar. De súpeto, senten que alguén peta á porta da súa casa, érguense e van mirar quen era a esas horas. Era un pequeno esquío que estaba desorientado, perdera ós seus pais e tíñalle moito medo á escuridade e ós animais da noite . Entón, os tres esquíos deixáronlle pasar alí a noite , e pola mañá decidirían que facer con el.
Os tres esquíos lavábanse moi ben con todos os animais do monte, así que xa que as súas búsquedas non deran froito, pois decidiron pedirlles axuda ó resto dos animais para dar cos pais e os irmáns do pequeno esquío que, por certo, non sabían como se
chamaba. Os esquíos preguntaronlle ó pequeño como se chamaba e el timidamente respostoulle que se chamaba Clare.
Logo da xuntanza que tiveran todos os animais decidiron axudarlles, xa que os tres esquíos eran moi bos con todos os animais e sempre que alguén tíña un problema eles axudábanlle: se alguén choraba, consolábano; se tiñan fame, dábanlle de comer…
Os animais comezaron a xuntar follas das árbores e fóronas agrupando para poder facer algúns carteis para que, se os pais de Clare pasaban por alí, parasen a preguntar onde estaba o seu fillo.
Puxeron carteis na casa dos esquíos , na casa do paxaro carpinteiro, na do oso pardo e nalgunhas outras dado que o monte era moi denso. Os días ían pasando e Clare deprimíase máis, os esquíos decíanlle que non se preocupase que ían encontrar ós seus pais costase o que costase.
Os esquíos ó ver que non houbera sorte por aquela zona, fixeron máis carteis e colgáronos en tódalas árbores sen que quedase algunha baleira.
Pasaron os días e as semanas e os esquíos íanlle collendo máis cariño a Clare, queríano coma se fose un irmán. Un tempo máis tarde apareceron dous esquíos moi preocupados. O oso pardo, que casualmente estaba por alí, preguntoulles que lles pasaba. Eles contaronlle que perderan o seu fillo unha noite moi fría e non sabían
se estaba vivo ou morto. Logo, o oso pardo díxolle que eles tiñan un esquío que xa levaba varias semanas desaparecido. O oso pardo levou os pais á casa dos tres esquíos e alí atóparonse a Clare que xa non contaba con ver aos seus pais. Alí, fundíronse nun mar de bágoas e nunha emotiva aperta. Esa mesma noite, os tres esquíos que coidaran todo ese tempo a Clare, organizaron un gran festival , recolleran moita comida para o festín.
Os esquíos e o resto dos animais fixéronlle varios agasallos para
os invitados e todos se converteron en amigos inseparables.

Concurso. XXIV. Bolboretas

PSEUDÓNIMO: Férenac
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Bolboretas

Lucía é unha moza de 16 anos. Ten o pelo castaño e rizado. É delgada e moi bonita. De pequena dicíanlle que cos seus olliños verdes parecía unha ninfa saída dos bosques. Co seu sorriso namoraba ós paxaros e, coa súa voz, acariñaba a tódalas flores que a escoitaban. Era unha nena alegre.

Os seus pais eran propietarios de dúas empresas, tiñan tres casas repartidas pola costa, a montaña e a cidade; numerosos coches e xardíns que convidaban a visitalos. Vivía entre luxos. Nunca lle faltou un xogo ou unha boneca. Sen embargo non era iso o que Lucía pedía.

Cando ela era nena os seus pais vivían para o seu coidado e para educala nun ambiente afable, pero co paso dos anos a relación entre eles mudou moito. As palabras que se dedicaban eran groseiras e cos seus actos feríanse mutuamente. Ó cabo dun ano a súa nai foise da casa e entrou en mundos perigosos.

Fai dez meses, Lucía tivo noticias de que a súa nai morrera de sobredose. Era adicta ás pastillas. Un mes máis tarde morreu o seu pai. A derradeira imaxe que Lucía ten del é un cráneo desfeito pola caída dende un decimoquinto piso.

A partir dese día, Lucía trasladouse á casa da súa avoa –a única que lle queda-, que está preto dunha aldea rodeada de árbores, e que nin sequera aparece nos mapas.
A súa vida, como é lóxico, non volveu ser a mesma.

Este é só o principio, para le todo o relato na seguinte ligazón.

Bolboretas

Concurso. XXIII. Eternamente xuntos

PSEUDÓNIMO: Doncella de Hierro
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Eternamente xuntos

Eternamente xuntos

Quérense máis que ninguén no mundo, pero el se irá. Ambos o saben. Subirase nun barco e partirá. Ela espera aterrada a que ese día chege. Gustaríalle non pensar en elo e disfrutar do pouco tempo que estará con el. Pero non pode evitalo. Sabe que pronto ese día chegará e entón a súa vida xa non tendrá sentido.

Acércase o momento. Tan só faltan dúas horas para que chegue o momento. En dúas horas subirase nun barco e ela quedará en terra firme contando os días que faltan para que o seu amado volva.

Esas dúas últimas horas pasaron. Están no porto. Esperan a que o barco chegue. Depídense. Suplícalle que non chore e que non pensé nel mentras esté fora. Rompe a chorar, no quere que o rapaz dos seus sonos se valla. Non pode soportar a idea de estar sen el tanto tempo.

Danse o último bico e el sube o barco sen mirar atrás. Ela no deixa de chorar. Entre vagoas ve como vaise o barco coa persona que máis quere no mundo. O observa ata velo desaparecer no horizonte.

Regresa a casa entre llantos. Encérrase na súa habitación. Métese na cama e abrázase o peluche que el lle regalou. Non pode deixar de chorar.

Durante meses casi non come, nin durme. Pasa os días metida na cama chorando sen soltar o último recordo que o seu mozo lle deixou.

Os seus familiares sufren. Non saben que facer para que se alegre e coma. Leva así xa catro meses es está enfermando.

Pasan catro meses e non recibe novas del. Non sabe se segue vivo ou se o barco afundiuse. Non soporta estar así. Ten que rematar co dolor. A única forma de facelo é acabar coa súa propia vida. Soamente así deixará de sufrir.

Antes de rematar coa súa vida, escribe unha carta para o seu mozo e outra para os seus seres queridos. En elas explica o motivo da súa morte, explica porque o fai. Pon as cartas nun sitio visible. Colle un coitelo. Ante as cartas quítase a vida clavándose o coitelo no estómago.

Mentras, en algún lugar do océano, o seu mozo afúndese con barco.

Concurso. XXII. Amor máis aló da morte

PSEUDÓNIMO: Sophie Townsend
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Amor máis aló da morte

Amor máis aló da morte

A radio comezou a soar nunha emisora descoñecida para Matt. O mozo deixou escapar un suspiro cando escoitou a canción que estaba soando.

A canción suxería fuxida da realidade, desesperación e a sensación de estar perdido sen saber onde ir.

“¡Que ironía! pensou. Así é exactamente como me sinto.”
Escondíase naquela tenda coa intención de non volver a casa e atoparse co baleiro que ela deixara.

Volveu suspirar e colleu o seu mp3. Antes de apagar a radio, sintonizou no aparello a mesma emisora, e, con aquela canción aínda soando, saíu á rúa.

Non puido evitar fixarse nas parellas que se ocultaban nas sombras da noite para amarse. Non podía evitar desexar tela a ela ao seu lado para imitalas.

¡Como a recordaba! Aqueles recordos eran o único que lle quedaba, a súa única razón para seguir vivindo. Recordaba o seu perfume, aquel perfume tan único e característico. Recordaba as súas palabras. Doces unhas veces e amargas outras, as mesmas que agora lle servían para non deixarse levar pola tristeza.

Queríaa e nada podía cambialo, nin sequera o feito de que ela xa non estivese. Xa non lle quedaban forzas para seguir adiante. Nada podía devolverlla e só o tempo podería sanar a súa ferida.

O mozo dirixiu os seus pasos ao cemiterio, o único lugar, aparte da súa tenda, onde atopaba paz. Alí sentíase máis preto dela aínda que, por moito que lle falará, a moza xa non podería contestarlle.

Sen ela todo facíaselle costa arriba, ata hábitos do día a día como o afeitarse ou cear.

Por fin chegou ao cemiterio onde, por respecto aos defuntos, baixou o volume da música aínda que non se atreveu a silenciar do todo aquela canción coa que tanto se identificaba.

Os seus pasos dirixíronse automaticamente a unha tumba determinada. Dúas bágoas solitarias deslizáronse polas súas fazulas.

Alí era o único lugar onde podía falar con ela. O único lugar onde a sentía ao seu lado, aínda que ela estivese moi lonxe. Sí, ela estaba lonxe, nun lugar onde el xa non podería alcanzala nunca.
Derrubouse ante aquela tumba, chorando amargamente. Ela forase demasiado pronto.
Levantouse e dirixiu unha última mirada á fría laxa de pedra antes de saír do escuro lugar.

Escrito na lápida estaba o nome da que sempre sería o seu grande amor.
Holly Marie Evans
1982-2008
“Sempre te quererei, meu amor” M.W.T

Concurso. XXI. Inverno

PSEUDÓNIMO: Xancarallás
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Inverno

INVERNO

Noite, Silenzo, Frío…

Inverno. O reloxo da Igrexa daba as tres da tarde e ela seguía sentada sobor da rocha. A mirada perdida dos seus ollos daba conta das escasas horas que fora capaz de conciliar o sono aquela noite. Seus cabelos zoaban ao compás do vento da costa fisterrá e mentres ela seguía queda, esculcando a fráxil liña do horizonte que separaba ceo e mar. De cando en cando tomaba aire, pechaba os ollos e inspiraba fondamente aquel arrecendo costeiro. Ás veces, unhas tímidas bágoas escorregaban polas súas meixelas, caendo sobre unha bufanda vermella que apertaba fortemente contra o peito.
Pasaban as horas e ela seguía alí, inmóbil,  tentando espreitar o máis alá. Varios veciños achegáronse a ela, intentáronlle falar, bicárona, mais Basilisa ficaba queda, inmutábel. Nada nin ninguén conseguirían apartar a súa mirada das ondas batendo contra as rochas da Costa da Morte. Un grupo de mulleres de impoluto loito agrupábanse ao seu carón, rexoubando e latricando o acontecido días atrás. Ela non escoitaba, non falaba. Tan só dirixía a súa ollada á auga, intentando descubrir os segredos que garda para si o fondo do mar.
Nas súas mans curtidas polo traballo só había un anel. Alianza do seu amor cun mariñeiro que chegara á bisbarra había pouco tempo. Basilisa dáballe voltas ao aro de ouro. O tempo corría e logo se fixo noite, mais ela seguiu alí. A sensación de tristura e cansazo fusionábanse na súa faciana, na que pouco a pouco foran brotando longas olleiras. Varios foron os intentos dos seus parentes para trasladala ao seu fogar, mais ela rebulíase sen pronunciar palabra. Ninguén foi quen de separala daquela rocha.
Chovía. Choraba. As campás da igrexa seguían tocando a morto, e baixo o mofo da rocha aínda ficaban intactas dúas iniciais bordeadas por un corazón.

Concurso. XX. Adeus

PSEUDÓNIMO: Kyra Suárez
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Adeus

Adeus
O noso é un amor imposible
por moito que eu o intente
por moito que eu o queira
por moito que eu te busque
por moito que eu che añore
O noso é un amor imposible.

Só existiches na miña mente
Tan só na miña imaxinación
Así que o noso é un amor imposible
maila que a min me doia admitilo.

Así que non insistirei
Despídome
como fai tempo que debín facer
Adeus… papá.

Concurso. XIX. Por que?

PSEUDÓNIMO: Kyra Suárez
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Por que?

Por que?

Unha vez dixestesme que me querías, por ser eu.
Nunca o entendín
Recordo a forza, a intensidade coa que intentabas explicarmo. “Non se trata de que teñas
algo que me cautive, senon unha esencia… o que che fai ser quen eres… por iso estou
namorado de ti”
E seguín sen entendelo.
Entón dixéstesme que, por moito que cambiase, non poderías deixar de quererme. Non se
trataba de quen era, senon da miña persoa.
Non o entendín
Falaches entón dos meus pequenos detalles, da maneira en que me reía, dependendo de se
me atopaba cómoda, de se ría por cortesía, por cóxegas ou era unha sincera gargallada.
E, aínda así, non conseguín entrever o que querías dicir. Pero as túas palabras
cautiváronme de tal maneira… O énfase que lle poñías a cada unha das razóns dáballes o
significado que non conseguía atopar.
Así que, simplemente, creínche.
Mágoa que estibeses mentindo

WordPress Themes