Concurso. XXIX. Sorriso

PSEUDÓNIMO: Leo
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Sorriso

SORRISO

Cada mañá levantábase coa mirada perdida, buscando o espello; pero non era un espello era un cadro, simplemente. No almorzo sempre tomaba o seu zume de pexego como era de costume, no verán, que tanto lle recordaba a súa infancia. Todos os días tiña como un exame de conciencia, todo é difícil se é cotiá, todo, dende o amor ata as respostas da morte. Pero no amor cría por encima de todo, de alí que todo o recordase coa voz de Leonard Cohen.

Cando saía da casa sempre atopábase coa moza de cabelo castaño e de tez morena,  e sempre sorrindo; el imaxinábaa danzando con algúns acordes de guitarra. Cría ver naquel sorriso algunha enlatada resposta. Non coñecía o seu nome, e nin falta que facía, porque cada sorriso dela era como ler dous mil ou tres libros dela. 

Todas as mañas ía ao parque e sentábase no banco que tiña gravado o nome de Scarlett, e alí miraba os elegantes cisnes e xogaba coa mirada, mirando as esquíos buscando algunha peza, estes esquíos sempre querendo encaixar todo… Alí no fondo observaba a ponte que tanto admiraba, sen saber o porqué.

Todo o día rondaba coas preguntas ao redor da súa cabeza, nada tiña sentido e nada tiña respostas, soamente recordaba aquel sorriso. Pensaba que si mañá morría, non pasaba nada, por que cría que o seu espírito continuaría, a loucura era o seu forte cando miraba a televisión sen dúbida algunha. As respostas nunca as saberemos, pero podemos intentalo, dicía cada vez que miraba o río dende a ponte.

 Na hora da comida acostumaba ter a súa libreta ao lado por si se lle ocorría algunha idea. Hoxe tiña para comer canelóns que tanto lle gustaban, e de postre tiña unhas fresas con nata exquisitas. Despois sempre acostumaba a durmir a sesta e visitar os sonos dos que tanto se alimentaba. Podería parecer que estaba tolo, pero só era un soñador.

 Cando espertou non se acordou do seu sono. Escoitou musica mentres lía algún libro de Wilde. Sentíase como se na súa habitación se quitasen a súa liberdade, a súa nai preparáballe unha torta de mazá para que merendase. Mentres  comía unha porción, non sentía ningún afecto por cada raio de sol que se colaba fugazmente polas venecianas do salón. El sabía que, se quería atrapar eses raios, podía facerlo; se o miraba el cría que podía facelo. Por que non se poden acariciar as estrelas, senón el facíao.

 Saíu a dar unha volta para meditar, se é que tiña algo sobre que meditar… Foi a estación de metro onde soía ir normalmente para pillalo, pero hoxe so estaba para recordar algún momento que pasou pero que non volverá a pasar. E de súpeto, un aroma familiar regaloulle o vento. Saíu correndo da estación para chegar a orixe dese cheiro, pero a súa busca foi inútil.
E chegou a noite, volveu a casa e encontrouse case ao chegar con ela, coa dona do sorriso que o tiña encarcerado. Non sabia que dicirlle, simplemente contestou o sorriso cunha mirada inocente, e ela despediuse del cun bico. Mentres ela se alexaba el quedouse inmóbil idolatrando o doce sorriso da moza.

Entrou en casa sen dirixir palabra ningunha, foise para cama e deitouse co sorriso absoluto que daba de si os seus beizos.
E por fin espertou, todo era un sono.

 

WordPress Themes