Nova sección no blogue

Este é un lugar de encontro,  encontro dos que estamos cos que marcharon. Está sección está ao par da lareira, e ao par da lareira nos sentamos e imos falando da vida, do que foi, do que é e do que será. Ao pé da lareira falamos das nosas cousas. Sen présa, coma galegos que somos, pero sen pausa. Ao pé da lareira e quentando as mans no lume ímonos enterando do que foi dos nosos compañeiros que se foron de Erasmus ou que simplemente están alá lonxe pero co corazón acá.

Este é o lugar no que abriremos as cartas que nos mandan os Trabalinguos e Trabalinguas que por cousas da vida están vivindo en Barcelona, Polonia, Inglaterra, Italia…

Cunha carta de Iria inauguramos esta nova sección no blogue desexando que cheguen moitas máis dela e de todas as compañeiras e compañeiros que arrastran os zocos por outras terras.

WordPress Themes