Concurso. XVII. Filla do Mal

PSEUDÓNIMO: Doncella de Hierro

CATEGORÍA: Relatos

TÍTULO: Filla do Mal

Filla do Mal

Foi abandoada ante a porta dun convento cando tiña apenas un mes de idade. Deixáronna alí un 13 de febrero de 1991 e dende entón as monxas facíanse cargo de ela.

Cando contaba con, aproximadamente, catro anos de idade, comezou a mostrar un comportamento moi agresivo. Nunha ocasión clavara os seus lápices de cores nos ollos dunha das monxas ca coidaban. Os ataques as súas coidadoras cada vez foron máis frecuentes. Polo que, o día do seu quinto aniversario, decidiron encerrala no vello sótano do convento. Baixáronna alí e a encadearon de pés e mans á parede. A porta foi asegurada con numerosos cerrollos e na única ventá colocáronse barrotes para impedires que aquela nena escapase.

No seu décimo aniversario logrou reunir a forza suficiente como para romper aquelas oxidadas cadeas. Unha vez liberouse de todas elas dirixiuse á ventá. Tocou aqueles barrotes. O tempo os fixera débiles e conseguiu arrancar os suficientes como para deslizar o seu corpo por alí. Saiu por fin de aquela habitación onde se viu obrigada a permanecer durante dezaseis anos. A luz cegouna e privouna da vista durante un intre. Cando logrou volver a ver, comezou a vagar por aquelas rúas que para ela era completamente descoñecidas. Despois de moito cominar observou algo que lle pareceu un bosque e adentrouse nel. Había enormes árbores e moita vexetación. O lugar estaba pragado de diversas especies de animais. Buscou entre a vexetación un lugar onde refuxiarse. Logrou atopar unha pequena cova que non parecía estar habitada por ningún tipo de ser. A súa primeira noite alí foi tráxica. Pasou frío, pasou sede y morría de fame. A segunda noite o fame apoderouse de ela e empuxouna a sair en búsqueda de calquera cousa que comer. Preto dun río atopábanse múltiples animais bebendo. Atacou a un pequeno coello e os demáis seres fuxiron. Logrou entón calmar o fame e puido beber de aquel río.Cada noite facía o mesmo, pero co tempo as súas víctimas foron aumentando de tamaño. Comezou dando caza a pequenos coellos pero as súas últimas presas foran feroces lobos.

Filla do Mal

Kraków, a 2 de febreiro de 2010

Kraków, a 2 de febreiro de 2010

Did you know that this region is also called Galicja (a pronuncia é galicia) ??

Yes, yes, I know.

Despois de que iso sexa o primeiro que me di cada polaco/polaca que coñezo de novo, claro que o sei. Malditas (ou benditas) casualidades (ou eran coincidencias?) que ten a vida, marcho da terra para acabar noutro sitio que se chama igual, e non só por iso, se non tamén pola paisaxe que tiñamos no outono. Os arredores de Kraków son moi semellantes á vexetación galega, até podía debullar os ourizos dos castañeiros… pero xa vai que foi outono, o inverno cedo chegou, e vaia se o notamos. Tivemos sorte e da primeira vaga de frío salimos ilesas, estabamos xa na casa polo nadal, pero non libramos da segunda. Sufrimos os -18º, os -19º, os -22º … pero se hai algo que comprendes é que isto é normal aquí. Aquí con -20º as clases non se suspenden, as rapazas seguen levando minifaldas e as cabezas sen cubrir mentres ti levas tres camisetas e medias baixo os pantalóns.

E agora imos co atranco máis grande que podiamos atopar aquí. Intentar aprender polaco. E cando digo intentar, digo estudar máis para polaco que para outra materia. En primeiro lugar, a escrita non se parece a nada que vira antes, a nada. A pronuncia, as letras, as declinacións, as conxugacións verbais, as excepcións (que son case todas, polo que, entón, a excepción debería ser a norma e a norma a excepción, pero non nos imos poñer a discutir con polacos). Por todo isto podería parecer que non me gusta, pois non. Encántame o polaco. Encántame, e é moi gratificante que te entendan na carnicería.

Con respecto á vida erasmus, vou ser sincera. Si, non traballas todo o que traballarías ese ano na túa universidade, hai festas todos os días e coñeces un montón de xente nova, o que me leva á imaxe que teñen dos españois aquí e supoño que no resto de Europa. Todos coñecemos a España mítica: sol, tortilla, paella, tinto de verano/sangría, flamenco, fermosas e ardorosas mulleres bronceadas de ollos verdes e longo pelo negro e ondulado. Si, esa é a imaxe que teñen dos españois por toda europa, e si, esa é a imaxe que se segue exportando e siguen exportando (xa van dúas “Spanish party” e en ámbalas dúas a imaxe era o toro de osborne cunha bandeira española de fondo). Xa entendo porqué me tomaban por alemana. Pero, ai! Non todo é tan bonito no paraíso, hai dous sitios no que a xente é mala e causa problemas: por unha parte, a xente que non quere ser española: os cataláns; e por outra, os malvados terroristas: os vascos.

So you’re spanish, wow, I though you were german… And where are you from in Spain?

I’m from Galicia, just up Portugal

Mmm, nice…but what about Catalonia, are they independent? ( Neste diálogo podes substituir Catalonia por “the vascs” e terás o mesmo resultado)

Aaahm… it’s more complicated than just that

Unha das cousas que intento facer dende que estou aquí é situar Galicia no mapa desta xente. Moitos polacos saben que existe unha Galicia por aí perdida, pero non teñen nin idea de onde está, e non falemos dos estudantes doutras nacionalidades, e todos se quedan abraiados cando lles dicimos que temos lingua propia. E teño reaccións para tódolos gustos, dende un rapaz que me abrazou cando lle dixen que usaba o galego con normalidade, xente que descoñecía a súa existencia, xente que case me chama terrorista por dicir que son de Galicia e non de España, xente que me dixo, máis ou menos “ non sei porqué insistides en utilizar e defender ese dialecto medio español medio portugués” (e ese día case me boto a chorar, non podía falar do mal que me estaba a sentir), xente que me dixo que algo así non servía para nada e algún outro que se interesou pola existencia del.

A pesar de todo o anterior, a estadía aquí vale máis que todas as discusións que puiden ter. E descubrir que hai bolsas de lectorado de galego (si si si, volverei) aquí compénsame a rabia que sentín algunhas veces.

Esta é a primeira misiva dende centro-europa, prometo escribir máis e pido perdón por non facelo antes.

Dende Polonia con amor

Buziaki

Iria

Nova sección no blogue

Este é un lugar de encontro,  encontro dos que estamos cos que marcharon. Está sección está ao par da lareira, e ao par da lareira nos sentamos e imos falando da vida, do que foi, do que é e do que será. Ao pé da lareira falamos das nosas cousas. Sen présa, coma galegos que somos, pero sen pausa. Ao pé da lareira e quentando as mans no lume ímonos enterando do que foi dos nosos compañeiros que se foron de Erasmus ou que simplemente están alá lonxe pero co corazón acá.

Este é o lugar no que abriremos as cartas que nos mandan os Trabalinguos e Trabalinguas que por cousas da vida están vivindo en Barcelona, Polonia, Inglaterra, Italia…

Cunha carta de Iria inauguramos esta nova sección no blogue desexando que cheguen moitas máis dela e de todas as compañeiras e compañeiros que arrastran os zocos por outras terras.

WordPress Themes