Concurso. VII. De vogais

PSEUDÓNIMO:Bukaldski
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: De vogais

Como unha vogal aberta
que anda solta polo Mundo
unha almexa desconchada
asemella un non rotundo.

Coma unha vogal pechada
que non quere saír á rúa
i ten as portas abertas
pero dálle medo a lúa.

Coma outra vogal pechada
quere soñar, non quere durmir
nunha longa noite de pedra
e grita ben forte: quero saír!

Concurso. VI. Cantos rodados

PSEUDÓNIMO: Bukaldski
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Cantos rodados

The answer, meu amigo
is blowin’ in the wind
panta rei
son os fluídos,
terceiro asalto neste ring.

Porque as vidas son os ríos
pero non todas dan ao mar
antes algunhas fanse orballo,
sen peixes aos que albergar.

E hai novas augas que nacen,
e hai nubes que se esquencen
de que coa auga de moitos
foi como enriqueceu o resto.

Por iso hai enormes ríos
que engrandaron grazas a outros,
eses que non tiveron perdón
e fluíron; like a rolling stone.

Nace o twitter galego: Latri.ca

O darte de alta como usuario de latri.ca poderás comunicarte empregando a actualización de estado rápido de 200 caractéres (160, os que ofrece twitter, non nos chegan ós galegos…) ou menos. Podes enviar mensaxes, fotos e vídeo a calquera! É doado atopar e conectarse con outras persoas para falar con eles e facer un seguimento das súas actualizacións. Todo isto cun entorno sinxelo.

Preme na imaxe para comezar a falar, opinar,latricar…    no twitter galego!!!!

Buscanos, atopanos, e siguenos na seguinte ligazon!

http://latri.ca/trabalingua

Concurso. V. Radio

PSEUDÓNIMO: Estopa
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Radio

RADIO

“Quise cortar la flor más bella del rosal, pensando que mi amor no me podría pinchar”

Non haberá nada mellor na radio? Preguntouse isto en voz alta a si mesma e a piques estivo de contestar pero lembrou aquela mestra de clases que lle dicía: “Falar só non é o problema, o malo é cando comezas a contestarte.”  Esbozou un sorriso ao lembrar aqueles tempos nos que ir ás clases era divertido pola afinidade coa mestra, e por aquela inocencia simulada que desbordaba por tódolos recunchos.

Reparou na frase musical que acababa de matar. Sentíase totalmente fóra de xogo e preguntábase si realmente existía alguén tan inocente para pensar que o amor non pinchaba… Con tan só quince primaveras nas súas costas tiña aprendido que a luxuria era mellor camiño que o amor, xa que era unha vía de escape a tódalas emocións e evadía o compromiso. É que ninguén máis reparou nisto? Estaba convencida de que esperar algo de alguén era un sinónimo de decepción si o esperado supoñía máis que unha amizade. Iso era o que lle gustaba: saír a rachar cos seus amigos, sacar proveito da súa xuventude, non borrar o sorriso nunca… un sorriso que transmitía liberdade e alegría, a pesar de que agochase un sufrimento encadeado. Moitas veces preguntábase por que o facía, e o corpo dáballe unha resposta inmediata de liberación de adrenalina, exaltación do prohibido, e palabras que eliminaban a pouca vontade que lle quedaba ao someterse ao desexo común cando se evadían da cara visible da terra. A falta de comunicación era un elemento clave, absurdo, pero a clave deses encontros. Se houbese habido máis comunicación o desexo descendería en picado igual que unha gráfica exponencial, se  a poñemos patas arriba.

Patas arriba era como estaba o seu equilibrio interno, que ela cría controlado. “Fágoo porque quero.” Nada máis lonxe da realidade. Resulta que os desexos humanos son condicionados, e as condicións, eran precisamente o problema. Un día que lle faltase era como un inferno e unha busca sen resposta na que non había espazo para pensar. Máis de unha vez dixo: “Máis non.” Pero foi imposible. Cada vez que volvía caer, dúas sensacións invadíana por completo: a primeira, era a sensación de volver ser libre e facer o que botaba de menos; a segunda, era o sentimento de prisión de novo por volver tropezar no mesmo erro. Si, agora chamábase erro.

Pero un erro dos que se aprenden moitas cousas, un erro do que non se arrepentía porque grazas a iso descubriu moitas cousas, claro que non todo o descuberto era positivo.

“Everybody makes mistakes, everybody has those days”

Agora esta rapaza dando a vara. Decidiuse a apagar o radiocasete xa que nada bo lle estaba aportando. Por segunda vez reparou na frase que acababa de matar.

Levantou a mirada do punto infinito no que a tiña somerxida e díxose a si mesma que ía aprender a convivir co seu pasado. Botou unha ollada pola fiestra. Chovía. Colleu as botas de auga, aquelas que Estopa menciona nunha das súas cancións, e ó igual que na canción creuse Superman, pero decidiu non deixar que lle roubasen o seu soño. Colleu tamén o chuvasqueiro e saíu baixo a chuvia. Non se peiteara, realmente non o facía nunca, pero pouco lle importaba xa que acababa de decidir comezar a ver a vida de outro xeito. E baixo a chuvia cruzou a rúa e botou a andar ata o infinito, e máis alá.

A RAG tamén di non

Hoxe a Real Academia Galega fixo pública a súa análise das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Noticia en Vieiros.

Noticia n’A Nosa Terra.

Ler o documento completo.

Xoves todos a Compostela!

folgaxeralensino21012010

Concurso. IV. Rexurdir

PSEUDÓNIMO: Andorinho
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Rexurdir

Rexurdir

Quen cantou por ver o tren?
Don Manuel
Quen era o noso gran bardo?
Eduardo
Quen falou con valentía?
Rosalía

Gran motivo de alegría
desde o noso nacemento
estes do Rexurdimento
Curros, Pondal, Rosalía.

Concurso. III. A vida

PSEUDÓNIMO: Bolboreta
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: A vida

A vida

Se ti non temes a morte
que sorte!
Se non deixas que se torza
que forza!

Se loitas día a día
que valentía!
Entón deixa a apatía
a saúde non se ha ir
e pide para vivir
sorte, forza e valentía.

Folga xeral 21 de xaneiro

folgaxeralensino21012010

Concurso. II. Xogos

PSEUDÓNIMO: Pequerrechiña

CATEGORÍA: Poesía

TÍTULO: Xogos

XOGOS

Move a bóla branca no billar
rompe o triángulo seu rodar.
Pasou o seu turno, el toma asento
non podes perder, pensas en gañar
non desligues nin un só momento.

Metes unha, xogas con raiadas
fallas, calma, terás máis tiradas.
Vólvelle tocar, non ten alento
as esferas foxen enfadadas
do pau, condutor deste tormento.

Turno vai turno vén o remate
non che contarei, se foi empate
ou non, son só ilusións creadas
nesta tensión nunca hai xaque-mate
só nos. Non hai partidas gañadas

Concurso. I. Guerrilleiros

PSEUDÓNIMO: Recuncha
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Guerrilleiros

Guerrilleiros

Queren que a miña memoria arda,
Que apareza o lume nela e que non quede nada
Pero non o conseguirán, a non ser que me atopen
A non ser que me maten.

Natureza que me protexe
Árbores que me coidan
Eu que me defendo
Que me defendo e corro.

Ela non estaba soa cando quitou a roupa hoxe
Moita xente poñía a súa mirada no seu corpo
Gozando en primeira fila das vistas
Das vistas de todo o pobo.

Naquela casa hai luz
Un anaquiño de broa
Unha cunca de caldo

A miña casa hoxe quedou baleira
Tiñamos pouco
Temos aínda menos
Unha menos.

Corre amigo
Que xa están aquí
Será coma onte
Non collas medo

Vaite lonxe, miña filla
Deixa a casa, nai querida
Bota a andar, irmá miña
E ti espérame, miña vida.
Que xa remata,que xa vou

Detrás daquela é un bo sitio
Non nos verán
Esperaremos a que pasen
Velos aí están

Gañaremos!

(E despois…
prendeu o lume)

WordPress Themes