Concurso. XIV. A miña coita por amor

PSEUDÓNIMO: O Cabaleiro De Cristal
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: A miña coita por amor

A miña coita por amor

Coitada vivo polo teu amor
E polas frías noites morro de dor
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

Aflixida vivo para chorar
Polas noites frías sen descansar
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

E polas frías noites que morro de dor
Pídoche, amigo, que cures o meu corazón
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

E polas noites frías sen descansar
Rógoche, amado, que sanes o meu pesar
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

  • By Noelia, 28 Xaneiro 2010 @ 11:26 p.m.

    Gustame moito a composición! É increible, oxalá que gañes o premio!! É unha cantiga fermosísima!! Sorte Cabaleiro de Cristal!!!

  • By Anxo, 29 Xaneiro 2010 @ 1:29 a.m.

    Cabaleiro de Cristal, creo que tes unha admiradora…
    Por certo, animádevos a comentar e a valorar os textos recibidos como fixo Noelia

  • By Borja, 9 Febreiro 2010 @ 3:41 p.m.

    Tan so unha palabra: INCRIBLE.

    Sorte cabaleiro de Cristal.

Other Links to this Post

WordPress Themes