Concurso. XIII. O meu “curiosidiario” académico

PSEUDÓNIMO: Profesor
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: O meu “curiosidiario” académico

O MEU “CURIOSIDIARIO” ACADÉMICO

A idea deste curiosidiario (curiosidades diarias) académico naceu un día calquera
nalgún dos recreos dun centro de ensino secundario. Vai dedicado a todos aqueles que
conseguistes non saír nel…


Preguntas do primeiro día de clase

27-09-2009
A todos vos soarán estas preguntas que os alumnos fan o primeiro día de clase… salto
as habituais como de onde es ou como te chamas… Céntrome nas “raras”:
– Que coche tes? que cor? que modelo? corre? cantos cabalos? etc etc (o primeiro día e
xa che queren pinchar as rodas?)
– Tes noiva? estás casado? (A isto debemos SEMPRE responder que si, así evitaremos
as seguintes preguntas)
– Es de aquí? onde vives? de onde es? (Se temos que contestar a isto é que a cagamos na
pregunta anterior… saben que tes coche, que estás solteiro, só lles queda a dirección,
para pincharche as rodas, ou que pensabas?)
– Tes móbil? dásnolo? (é que se cho dou quedo sen el…)


Como é posible que os días sigan tendo 24 horas?

29-09-2009
O que se ve no título é o que me preguntou un alumno ao día seguinte de cambiar a
hora… Profe como é posible que si atrasamos a hora os días sigan tendo 24 horas? Si
si…pensade…que fácil de explicar non che é…!

O coche
21-10-2009
O coche é un gran elemento de distracción para os alumnos…que se cantos cabalos ten,
que se é a gasolina, que se corre, etc etc. Son mil e unha as prgeuntas que poden
facerche estas feras sobre o coche… Conclusión: Máis vale ir andando que centos de
preguntas escoitando.

Curiosidiario, ler relato completo

WordPress Themes