Concurso. XIV. A miña coita por amor

PSEUDÓNIMO: O Cabaleiro De Cristal
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: A miña coita por amor

A miña coita por amor

Coitada vivo polo teu amor
E polas frías noites morro de dor
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

Aflixida vivo para chorar
Polas noites frías sen descansar
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

E polas frías noites que morro de dor
Pídoche, amigo, que cures o meu corazón
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

E polas noites frías sen descansar
Rógoche, amado, que sanes o meu pesar
¡Soñando cóa túa mirada
Que me ten namorada!

Concurso. XIII. O meu “curiosidiario” académico

PSEUDÓNIMO: Profesor
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: O meu “curiosidiario” académico

O MEU “CURIOSIDIARIO” ACADÉMICO

A idea deste curiosidiario (curiosidades diarias) académico naceu un día calquera
nalgún dos recreos dun centro de ensino secundario. Vai dedicado a todos aqueles que
conseguistes non saír nel…


Preguntas do primeiro día de clase

27-09-2009
A todos vos soarán estas preguntas que os alumnos fan o primeiro día de clase… salto
as habituais como de onde es ou como te chamas… Céntrome nas “raras”:
– Que coche tes? que cor? que modelo? corre? cantos cabalos? etc etc (o primeiro día e
xa che queren pinchar as rodas?)
– Tes noiva? estás casado? (A isto debemos SEMPRE responder que si, así evitaremos
as seguintes preguntas)
– Es de aquí? onde vives? de onde es? (Se temos que contestar a isto é que a cagamos na
pregunta anterior… saben que tes coche, que estás solteiro, só lles queda a dirección,
para pincharche as rodas, ou que pensabas?)
– Tes móbil? dásnolo? (é que se cho dou quedo sen el…)


Como é posible que os días sigan tendo 24 horas?

29-09-2009
O que se ve no título é o que me preguntou un alumno ao día seguinte de cambiar a
hora… Profe como é posible que si atrasamos a hora os días sigan tendo 24 horas? Si
si…pensade…que fácil de explicar non che é…!

O coche
21-10-2009
O coche é un gran elemento de distracción para os alumnos…que se cantos cabalos ten,
que se é a gasolina, que se corre, etc etc. Son mil e unha as prgeuntas que poden
facerche estas feras sobre o coche… Conclusión: Máis vale ir andando que centos de
preguntas escoitando.

Curiosidiario, ler relato completo

WordPress Themes