Concurso. XII. Fillos

PSEUDÓNIMO: Cactus
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Fillos

FILLOS

“Agora o que quero é unha bici nova”. Foi o que me dixo o meu fillo, ti pódelo entender? porque eu non. Primeiro o triciclo, logo o coche de Playmobil e agora unha bici… e claro, máis adiante será unha moto, logo aburrirase dela e quererá un quad, pero iso non é todo… espera a que sexa maior de idade, que xa me ha pedir un coche, e non un calquera eh? fixo que é un Audi ou un BMW. Manda truco…
E tan aburrido falar dos fillos… O mellor e ir tomar unha cervexa o Barranco verdade?… Ramón non marches!!! Maldita sexan os fillos e quen os inventou.

Concurso. XI. Sentimentos

PSEUDÓNIMO: Cactus
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: Sentimentos

SENTIMENTOS

Aínda me queda unha esperanza. Cando comecei a ir as súas clases non sabía realmente porque estaba alí, quizáis si, porque ela mo pediu. dixo que tiñamos futuro, había tanto tempo que esperaba oír eso dalguén, e por fin o oín, e sabedes que fixen? Poñerme vermello como un tomate, que vergoña pasei.. Pero alí estaba como cada mércores, nunha sala, toda rodeada de espellos, colleume dos ombros e eu da cintura, achegámonos un pouco máis… mireille os ollos, non sabía se decirllo, pero fíxeno… “Profesora, non quero bailar un vals, quero un merengue!” fun moi bruto espresándome desa maneira. Creo que a ferín.

Concurso. X. O éxtasis

PSEUDÓNIMO: Cactus
CATEGORÍA: Relatos
TÍTULO: O éxtasis

E desde entonces soubo que nunca sería quen de mirarse nun espello por culpa daquel recordo, daquela noite de temor, de choiva, un dábado… Aquel ser estraño que aparecía e desaparecía… era a miña vista que se nublaba, estou segura… eu caía o chan, levantábame con dificultade e corría con temor mirando para atrás, e vía o seu sorriso maligno, borroso… pero víao, achegábaseme, e o ser estraño volvía, empurrábame, eu non podía correr máis, as miñas pernas parábanseme, os ollos pechábanseme, a éxtasis matábame… caín o chan, botóuseme enriba, xa non podía pelexar… pechei os ollos… E cando os abrín xa non era aquela nena pura e digna de dezaseis anos.

WordPress Themes