Concurso. II. Xogos

PSEUDÓNIMO: Pequerrechiña

CATEGORÍA: Poesía

TÍTULO: Xogos

XOGOS

Move a bóla branca no billar
rompe o triángulo seu rodar.
Pasou o seu turno, el toma asento
non podes perder, pensas en gañar
non desligues nin un só momento.

Metes unha, xogas con raiadas
fallas, calma, terás máis tiradas.
Vólvelle tocar, non ten alento
as esferas foxen enfadadas
do pau, condutor deste tormento.

Turno vai turno vén o remate
non che contarei, se foi empate
ou non, son só ilusións creadas
nesta tensión nunca hai xaque-mate
só nos. Non hai partidas gañadas

WordPress Themes