Concurso. I. Guerrilleiros

PSEUDÓNIMO: Recuncha
CATEGORÍA: Poesía
TÍTULO: Guerrilleiros

Guerrilleiros

Queren que a miña memoria arda,
Que apareza o lume nela e que non quede nada
Pero non o conseguirán, a non ser que me atopen
A non ser que me maten.

Natureza que me protexe
Árbores que me coidan
Eu que me defendo
Que me defendo e corro.

Ela non estaba soa cando quitou a roupa hoxe
Moita xente poñía a súa mirada no seu corpo
Gozando en primeira fila das vistas
Das vistas de todo o pobo.

Naquela casa hai luz
Un anaquiño de broa
Unha cunca de caldo

A miña casa hoxe quedou baleira
Tiñamos pouco
Temos aínda menos
Unha menos.

Corre amigo
Que xa están aquí
Será coma onte
Non collas medo

Vaite lonxe, miña filla
Deixa a casa, nai querida
Bota a andar, irmá miña
E ti espérame, miña vida.
Que xa remata,que xa vou

Detrás daquela é un bo sitio
Non nos verán
Esperaremos a que pasen
Velos aí están

Gañaremos!

(E despois…
prendeu o lume)

WordPress Themes