Trabalingua

Unha asociación aberta de mozos e mozas da UVigo que queren poñer en valor a lingua e cultura proprias galegas, sen dependencia de ideoloxías ou organizacións de calquera índole

Search:

Retranca en tempos de crise

27 Marzo 2012

Xa se sabe que o mellor xeito de sobreleva-la crise é poñerlle á vida unha miguiña de humor…

Pois velaquí vos presentámo-la vindeira actividade da asociación Trabalingua! En que consiste?

En primeiro lugar, contaremos coa actuación de Candido Pazó, que nos deleitará cun dos seus monólogos. A seguir, dará uns consellos para a seguinte parte da actividade: micrófono aberto-concurso de monólogos en galego. Tódolos que vos animedes, poderedes subir ó escenario e facernos rir co voso enxeño. Así que… ide dándolle ós miolos!

Haberá premio para o gañador, que sairá escollido por votación do público!

Todo isto será o xoves 12 de abril ás 18:30 no salón de actos da escola de Peritos, Torrecedeira.

P.D.: En canto teñades claro que vaiades participar podédesvos ir apuntando mandándono-los vosos datos a asociaciontrabalingua@gmail.com. Escribide e enviade tamén unhas poucas liñas sobre vós mesmos para que vos poidamos presentar con tódolos honores! Agardámosvos!

 

Retranca en tempos de crise

Chuzame! A Facebook A Twitter

COMBATE D’A HOSTIA EN VERSO!!

10 Marzo 2012

Damas e cabaleiros! Señoras e señores!

A asociación Trabalingua ten o pracer de anunciarlles que o próximo mércores 14 as 16:30 os incomparables poetas d’A Hostia en Verso estarán no bar Universitas da Praza Miralles para pelexarse nun combate sen igual!

Será un combate dialéctico onde as puñadas serán os versos de cada un dos poetas!!

Ante a expectación que estamos espertando en todos vós, deixarémosvos coas ganas e próximamente revelaremos a temática e os poetas que combatirán nel.

Agardamos vervos a todos no Universitas!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Obradoiro de BeatBox

14 Decembro 2011

Queres aprender beatbox ou mellora-las túas técnicas da man dun dos mellores do panorama galego?

Pois atrévete e apúntate ó obradoiro de beatbox que organizamos dende Trabalingua con Gendebeat! Será o xoves 26 de xaneiro ás 16:30 na sala 4 do Edificio Miralles.

Aínda non coñeces a Gendebeat? Évos un cantante de reggae-ragga en galego e un dos pioneiros do beatbox en Galicia. Os seus obradoiros consisten nunha sesión de hora e media na que aprenderedes aspectos da historia musical nun percorrido que irá dende a percusión vocal que practicaban as culturas máis tradicionais ata o beatbox dos movementos urbanos máis actuais. Despois, iredes descubrindo os trucos necesarios para imitar distintos instrumentos coa boca así como as técnicas para unha correcta execución dos ritmos.

E para aqueles que aínda están indecisos… vai un empurronciño! Botádelle un ollo a isto!

VEÑA, ATRÉVETE E APÚNTATE! É DE BALDE!

SÓ TES QUE ENVIÁRNO-LOS TEUS DATOS A asociaciontrabalingua@gmail.com

Chuzame! A Facebook A Twitter

Trasnada 11.1 punto de encontro para tradutores de software libre

11 Novembro 2011

A Asociación Proxecto Trasno organiza mañá sábado a Trasnada 11.1.

A trasnada é o evento que reune aos tradutores de software libre ao galego. Celebrado por primeira vez en Ordes e despois outra vez na cidade das Burgas, desta volta a súa terceira edición celebrase na cidade olívica. Alí daremonos cita para fixar terminoloxía e expor ao público o noso traballo.

En que consiste?

A trasnada serve de punto de encontro para tradutores de software libre, aqueles que traballamos baixo o paraugas do Proxecto Trasno. O evento serve de sesión de traballo. Estando enfocados en producir calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía no ámbito da tradución. Por outra banda, serve de escaparate ao público que queira coñecer o proxecto, a xente que o conforma e como punto de aprendizaxe para todos os interesados en colaborar na localización.

Cando e Onde?

A trasnada 11.1 terá lugar este 12 de Novembro nunha sala cedida por Amigos da Terra, na Cidade de Vigo, rúa Policarpo Sanz, 17, na entreplanta, xusto en fronte do Centro Social de Novacaixagalicia.

+info: http://www.trasno.net/trasnada111

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cafés-teatro científicos

2 Novembro 2011

GOZA DA CIENCIA DUNHA FORMA DIFERENTE este venres 4 de Novembro ás 20:30 horas na cafetaría « Tras do Marco» en Vigo.

Que son os cafés-teatro científicos?

Un grupo de docentes da Universidade da Coruña importou hai uns anos a fórmula do café científico de tradición anglosaxoa, e adaptouna á cultura galaica.
Os cafés científicos comezaron a desenvolverse en Galicia na Semana da Ciencia de 2006. Nese ano o persoal investigador do grupo NEUROcom, Casto Rivadulla e Xurxo Mariño, puxeron en funcionamento esta iniciativa co obxectivo de achegarlle o coñecemento científico a todo o mundo, dun xeito atractivo e divertido mais sen perder o rigor.
En palabras do propio Xurxo Mariño: «O noso espírito é de emboscada. En lugar de pedirlle á xente que veña vernos, imos nós a un bar popular e céntrico onde sempre hai xente».

En Vigo estarán Castro Rivadulla Fernández (Profesor da UDC), Pablo Arias Rodríguez (Investigador Grupo de Neurociencia) e César Goldi (actor)  falando sobre o cerebro. Agardámoste!

Os Cafés-teatro científicos tamén se realizarán en:
-Ourense – Xoves 17 de novembro – Cafetaría Auriense – 21.00 h
-Pontevedra – Xoves 10 de novembro – Pousada Indiana – 21.00 h

Organizan:
-Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
-Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
-Asociación Trabalingua

Chuzame! A Facebook A Twitter

As linguas e culturas do Camiño de Santiago

11 Outubro 2011

A situación actual e os desafíos das linguas e das culturas minoritarias que se vertebran ao redor do Camiño protagonizan o congreso As Linguas e Culturas no Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro. Nel trataranse cuestións relativas á historia común das linguas e culturas de diferentes rexións de Europa que non só miran cara ao pasado, senón que ademais viven con ilusión o presente e buscan proxectarse cara ao futuro.

Santiago de Compostela acollerá entre o 21 e o 22 de outubro a celebración do congreso, que terá lugar no Museo Pedagóxico de Galicia.

O congreso enmárcase no proxecto Camiño das culturas e das linguas. Diversidade lingüística e cultural no Camiño de Santiago de Compostela, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con outras institucións de diversos territorios de España e de Europa, está a realizar dentro do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recoñecerá o congreso como unha actividade de formación do profesorado e a Universidade de Santiago de Compostela validarao por 1 crédito de libre configuración.

+ INFO:

http://www.xunta.es/linguagalega/congreso_as_linguas_e_culturas_do_camino

http://www.camino-eu.com/

Chuzame! A Facebook A Twitter

AC BOU EVA coa poesía galega

4 Outubro 2011

Se che gusta a poesía, as emocións fortes e pasar unha boa tarde tomando algo nunha cafetaría estate atento ás actividades da Asociación Cultural Bou Eva e aos espectáculos A Hostia en Verso.

Aquí tendes un cartel da última actividade desta asociación:

A hostia en verso AC Bou Eva

Chuzame! A Facebook A Twitter

Trabalingua no curso novo

30 Setembro 2011

Comeza o curso 2011-2012, para uns é unha volta á Universidade e para moitos outros, estudantes de 1 trátase do comezo dunha nova vida, nunha nova cidade, nun novo ambiente.

Se ves para Vigo preocupado pola situación da lingua galega e queres facer actividades para lograr a normalización da nosa lingua en todos os ámbitos da nosa sociedade, Trabalingua é o teu lugar. Aquí atoparás mozas e mozos coma ti, que decidiron compartir parte do seu tempo  libre para organizar e participar en diferentes actividades culturais, deportivas, reivindicativas…

Algunhas das actividades que fixemos nos  últimos anos pódelas ver AQUÍ:

Se queres colaborar con esta asociación ou queres ter máis información envía un correo a  asociaciontrabalingua@gmail.com

Ou busca «Asociación Trabalingua» no tuenti e/ou no facebook.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fallo do II Concurso Literario

4 Xuño 2011

Boa tarde a todos e todas!!

Xa temos gañador do II Concurso Literario! E o gañador é…  Aníbal Ucha, creador das tres obras premiadas:

Categoría de relato: Unha estrada a ningures

Categoría de poesía: Estar sen Alicia e cousas marabillosas ou tristes vistas a través do vidro ou ao devolvérenas os espellos

Accésit na categoría de poesía: Visións manuelantoniás

Parabéns para o noso gañador e moitas grazas a todos e todas os participantes!

Podedes ler todos os textos do concurso nas seguintes ligazóns de googledocs:

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0B2zHx_-Uzn3fMDk3ZTYyNzItODVjYi00NWZlLWE4YTQtZGI1NmI3YTk5NGE1&hl=en_US

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0B2zHx_-Uzn3fNDBiZWNmZTAtYTk3MS00MzMxLTk3NzctNWFjNDliY2I0OGQ4&hl=en_US

Chuzame! A Facebook A Twitter

Certificados de asistencia ás Xornadas

21 Maio 2011

Xa están listos os certificados acreditativos de asistencia ás Xornadas sobre música e o audiovisual galegos organizadas por Trabalingua.

Podedes pasar a recollelos esta próxima semana en:

Luns 23, de 13:00-14:00h xunto á fotocopiadora de Teleco (biblioteca de Minas)

Martes 24, de 12:00-13:00h na Facultade de Filoloxía e Tradución, no pavillón central (ao lado da copistaría)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Páxina seguinte »

Olark Livehelp